Todd Gerome Gurley II, nado o 3 de agosto de 1994 en Baltimore (Maryland), é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de running back para Los Angeles Rams da National Football League (NFL). Xogou a nivel universitario para os Georgia Bulldogs, onde foi recoñecido como All-SEC en 2012 e 2013. En 2015 foi seleccionado no Draft da NFL polos Rams, tendo gañado numerosos recoñecementos como varios nomeamentos á Pro Bowl, Mellor Rookie Ofensivo do Ano (2015) ou Mellor Xogador Ofensivo da NFL (2017) despois de conseguir 19 touchdowns.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Aaron Donald na páxina de Los Angeles Rams

Categoría:Xogadores dos Los Angeles Rams Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Baltimore