As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.
En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.
Data e sistema electoral As eleccións celebráronse entre o xoves 23 e o domingo 26 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. No caso de Chequia e Francia, houbo dous días de votación.
En España, celebráronse ao mesmo tempo as eleccións municipais e autonómicas (excepto Andalucía, Cataluña, Galicia, a Comunidade Valenciana e o País Vasco).
Día País xoves 23 de maio Reino Unido, Países Baixos venres 24 de maio Irlanda, Chequia sábado 25 de maio Chequia, Eslovaquia, Letonia, Malta, Francia domingo 26 de maio Francia, Alemaña, Italia, España, Polonia, Romanía, Bélxica, Grecia, Hungría, Portugal, Suecia, Austria, Bulgaria, Finlandia, Dinamarca, Croacia, Lituania, Eslovenia, Chipre, Estonia, Luxemburgo
Sistema electoral O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais países. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Novidades Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2014 un repartimento de escanos lixeiramente diferente. A saída do Reino Unido, que tiña 73 eurodeputados, permitiu un novo repartimento dos pesos dos países. Porén, a incerteza sobre a saída británica, e sobre se finalmente terán lugar eleccións europeas no Reino Unido, pode afectar o número final de escanos a repartir e a súa distribución.
+ Repartimento de escanos no Parlamento Europeo Circunscrición 2014 2019 Poboaciónen 2018 Habitantes / eurodeputado Alemaña 96 96 82 887 000 863 406 Francia 7479 67 372 000 852 810 Reino Unido 73 66 040 000 Italia 7376 60 395 000 794 671 España 5459 46 733 000 792 085 Polonia 5152 38 434 000 739 115 Romanía 3233 19 524 000 591 636 Países Baixos 2629 17 285 000 596 034 Bélxica 21 21 11 450 000 545 238 Grecia 21 21 10 768 000 512 762 República Checa 21 21 10 628 000 506 095 Portugal 21 21 10 291 000 490 048 Hungría 21 21 9 771 000 465 286 Suecia 2021 10 215 000 486 426 Austria 1819 8 858 000 466 211 Bulgaria 17 17 7 050 000 414 706 Dinamarca 1314 5 806 000 414 713 Finlandia 1314 5 522 000 394 429 Eslovaquia 1314 5 445 000 388 929 Irlanda 1113 4 857 000 373 615 Croacia 1112 4 105 000 342 083 Lituania 1111 2 794 000 254 000 Eslovenia 8 8 2 070 000 258 750 Letonia 8 8 1 921 000 240 125 Estonia 67 1 319 000 188 428 Chipre 6 6 864 000 144 000 Luxemburgo 6 6 602 000 100 333 Malta 5 6 475 000 79 167 total 751 751 447 441 000 595 794
Candidatos a Presidente da Comisión Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros: Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas: Frans Timmermans Partido Popular Europeo: Manfred Weber Alianza de Liberais e Demócratas por Europa: aínda por designar Verdes Europeos - Alianza Libre Europea: Ska Keller e Bas Eickhout, mentres que o candidato de ALE aínda está por designar. Alianza de Conservadores e Reformistas Europeos: Jan Zahradil Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica: aínda por designar Europa da Liberdade e da Democracia: Movemento por unha Europa das Nacións e da Liberdade: aínda por designar. Grupo Europarlamentario de Non Inscritos: Non presentará candidato
Candidaturas e cabezas de lista Os comicios celebráronse en España o 26 de maio. Os 54 eurodeputados españois foron elixidos nunha circunscrición única, polo que as listas e candidatos foron as mesmas en todo o país, aínda que algúns partidos e coalicións adaptaron o seu nome á lingua dalgunhas comunidades e mostraron na papeleta só os nomes dalgúns dos compoñentes da lista. Esta é a lista completa de candidaturas e os seus cabezas de lista:
Partido Popular: Dolors Montserrat Partido Socialista Obrero Español: Josep Borrell Cidadáns: Luis Garicano Unidas Podemos Cambiar Europa: María Eugenia Rodríguez Palop Vox: Jorge Buxadé Agora Repúblicas: Oriol Junqueras Izquierda en Positivo: Javier Couso Partido Animalista Contra el Maltrato Animal (PACMA): Silvia Barquero Partido Comunista dos Pobos de España: Carmelo Suárez Partido Comunista dos Traballadores de España: Ástor García Iniciativa Feminista: Consuelo Mira Tornadijo Foro de Ciudadanos: Justo Marco Grana Escolar Coalición por unha Europa Solidaria: Izaskun Bilbao Centristas por Europa: Francisco Jesús Martin Vargas Alternativa Republicana:Pedro Alberto García Bilbao FE de las JONS, Alternativa Española, La Falange, Democracia Nacional (ADÑ): Martín Ricardo Sáenz de Ynestrillas Pérez Volt Europa: Bruno Sánchez-Andrade Nuño Partido Humanista: Eva María Ubago Castro Actúa: María Garzón Molina Pirates de Catalunya: Carlos González Iglesias Igualdad Real: Antonia Alba Ortega Movimiento Independiente Euro Latino (MIEL): José Luis Cordeiro Mateo Contigo Somos Democracia: Domingo Rojo Sánchez Andalucía por Sí: Juan Ramón Flores Campos Compromiso Por Europa: Jordi Sebastià Por un Mundo más Justo (PUM+J): Alejandro Plans Beriso Movimiento Corriente Roja (MCR): Laura Requena Tejero Lliures por Europa: Gonzalo Boye Coalición Verde-Europa Ciudadana: Alejandro León Lacal Recortes Cero – Los Verdes – Grupo Verde Europeo: Sara Montero Sánchez Extremeños Prex Crex: Juan Carlos Herrero Bermejo Solidaridad y Autogestión Internacionalista: Diego Velicia Miranda
Presenza galega nas listas
Resultados globais europeos É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (Cidadáns), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertencen Podemos e Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido euroscéptico, que ten como partido máis forte o Movemento Cinco Estrelas italiano. Ademais, está a formación da Europa das Nacións e da Liberdade, que agrupa a partidos de ultradereita.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras de perfil populista, socioliberal ou conservador.
Grupo políticoEstadoPPES&DALDEVerdes-ALEEUE-EVNCREELDDNon inscritos EurodeputadosParticipaciónAlemaña 96Austria 19Bélxica 21Bulgaria 17Croacia 12Chequia 21Dinamarca 14Chipre 6Eslovaquia 14Eslovenia 8España 59Estonia 7Finlandia 14Francia 79Grecia 21Hungría 21Irlanda 13Italia 76Letonia 8Lituania 11Luxemburgo 6Malta 6Países Baixos 29Polonia 52Portugal 21Reino Unido Romanía 33Suecia 21Total 751
Resultados en Galicia e España
← Eleccións europeas de 2019 → Partido ou coalición Votos % EuroDep. ± % ± ED Votos en Galicia % ± % PSOE PP Cidadáns Podemos Vox Agora Repúblicas Outros Total 100% 54 — = 100% —
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Eleccións europeas 2019 . Parlamento europeo .
2019 Europeas