Josh Magette, nado o 28 de novembro de 1989 en Birmingham, Alabama, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Lakeland Magic da NBA G League. Cunha estatura de 1,85 metros xoga na posición de base.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2012, Magette uniuse ós Memphis Grizzlies para a Liga de Verán da NBA de 2012, pero non participou en ningún encontro. En agosto de 2012, asinou co Landstede Basketbal neerlandés para a tempada 2012-13, onde en 39 partidos fixo 11.5 puntos, 5.7 asistencias, 2.8 rebotes e 2.5 roubos por partido.

O 1 de novembro de 2013, foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA Development League de 2013 polos Los Angeles D-Fenders.

O 27 de xullo de 2018, Magette asinou co KK Cedevita croata. O 10 de novembro de 2018, foi cortado polo Cedevita.Cedevita parted ways with Magette and Aguilar, added Banić and Mustapić

O 24 de decembro de 2018, Magette asinou un contrato temporal co CB Gran Canaria.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil na NBA D-League

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Koroivos BC Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores do KK Cedevita Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores dos Orlando Magic