Oryx e Crake (en ) é unha novela da escritora canadense Margaret Atwood. No canto de describila coma unha novela de ciencia ficción, a autora defínea como ficción especulativa e romance de aventuras.Atwood, 2004: 513. É a primeira parte da triloxía MaddAddam, á que lle seguen The Year of the Flood (2009) e MaddAddam (2013).

O libro foi orixinalmente publicado pola editorial McClelland and Stewart en 2003, e en 2018 foi traducido ao galego por Estela Villar Nogueira e publicado pola editorial Rinoceronte..

Argumento Jimmy, coñecido como "Home das Neves", loita pola súa vida nun mundo postapocalíptico dominado por animais xeneticamente modificados e onde parece que é o último ser humano supervivente a unha terrible praga. Alternando cos capítulos que acontecen neste mundo desacougante, preséntase a infancia, a adolescencia e o comezo da vida adulta de Jimmy xunto cos outros dous personaxes principais: Crake, o seu mellor amigo, e Oryx, a quen os dous amaban. O protagonista comeza unha viaxe que o levará a descubrir os acontecementos que desencadearon a destrución da humanidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Adami, Valentina. "Bioethics through Literature: Margaret Atwood's Cautionary Tales". WVR, 2011. Atwood, Margaret. Oryx and Crake. McClelland and Stewart, 2003. Atwood, Margaret. "The Handmaid's Tale and Oryx and Crake in Context". PMLA 119, 2004.

Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora

Categoría:Obras literarias de 2003 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora