miniatura|upright=1.35|Este diagrama mostra que a cabeza se fai proporcionalmente máis pequena e as patas proporcionalmente máis longas a medida que os humanos maduran. Ter cabezas proporcionalmente grandes e pernas proporcionalmente curtas serían caracteres neoténicos nun adulto.
A neotenia (tamén chamada xuvenilización)Montagu, A. (1989). Growing Young. Bergin & Garvey: CT. é o atraso ou enlentecemento do desenvolvemento fisiolóxico (ou somático) dun organismo, tipicamente un animal. A neotenia encóntrase tamén nos humanos modernos. Na proxénese, tamén chamada pedoxénese (termo tamén usado para a formación do solo), o desenvolvemento sexual está acelerado.Volkenstein, M. V. 1994. Physical Approaches to Biological Evolution. Springer-Verlag: Berlin, .
Tanto a neotenia coma a proxénese teñen como resultado o pedomorfismo (ou pedomorfose), un tipo de heterocronía. Algúns autores definen o pedomorfismo como a retención de características larvais, como se observa nas píntegas.Schell, S. C. Handbook of Trematodes of North America North of Mexico, 1985, pg. 22Ginetsinskaya, T.A. Trematodes, Their Life Cycles, Biology and Evolution. Leningrad, USSR: Nauka 1968. Translated in 1988, .
Tanto a neotenia coma a proxénese causan a retención nos adultos de características que previamente só aparecían nos individuos novos. Dita retención é importante en bioloxía evolutiva, domesticación e bioloxía evolutiva do desenvolvemento.
Historia e etimoloxía
miniatura|upright=2|Diagrama de seis tipos de cambio en heterocronía, un cambio no ritmo ou velocidade de calquera proceso no desenvolvemento embrionario. O predesprazamento, hipermorfose e aceleración (vermello) amplían o desenvolvemento (peramorfoses); o posdesprazamento, hipomorfese e deceleración (azul) truncan o desenvolvemento (pedomorfose). O termo neotenia foi inventado en 1885 por Julius Kollmann cando describiu a maduración do axolote, que permanecía nun estadio acuático adulto con características similares ás dun cágado con branquias, a diferenza doutros anfibios adultos como ras e sapos.
Kollman creou o termo Neotenie, en alemán, que despois pasaría a outros idiomas, que derivou do grego νέος (neos, 'novo, xove') e τείνειν (teínein, 'estirar, estender'). O adxectivo correspondente é neoténico. Para o oposto a neoténico, diferentes autoridades usan os termos "xerontomórfico"Henke, W. (2007). Handbook of paleoanthropology, Volume 1. Springer Books, NY.Hetherington, R. (2010). The Climate Connection: Climate Change and Modern Human Evolution. Cambridge University Press. ou "peramórfico".Hall, B.K., Hallgrímsson, B. Monroe, W.S. (2008). Strickberger's evolution: the integration of genes, organisms and populations. Jones and Bartlett Publishers: Canada. Bogin sinala que Kollmann pretendía que tivese o significado de "reter a xuventude", pero que, evidentemente, confundiu o termo grego teínein co latino tenere, que tiña o significado que el quería, "reter, manter", para que a nova palabra significase "a retención da xuventude (na idade adulta)".
En 1926, Louis Bolk describiu a neotenia como o principal proceso na humanización. No seu libro de 1977 Ontogeny and Phylogeny (Ontoxenia e filoxenia), Stephen Jay Gould sinalou que o relato de Bolk constituíu un intento de xustificación do racismo e o sexismo "científicos", pero estaba de acordo en que Bolk estivera no certo na idea central de que os humanos se diferenciaron doutros primates ao ser sexualmente maduros en estadios infantís do desenvolvemento corporal.
En humanos miniatura|upright|"O personaxe de debuxos animados Betty Boop ilustra algunhas das características que se etiquetan ás veces como neoténicas, como ter cabeza grande, brazos e pernas curtos en relación coa altura toral, e movementos torpes e infantís." (Barry Bogin)
A neotenia en humanos é o enlentecemento ou retardo do desenvolvemento corporal, comparado co dos primates non humanos, que ten como resultado características como cabeza grande, cara plana e brazos e pernas relativamente curtos. Estes cambios neoténicos puideron orixinarse por selección sexual na evolución humana. Á súa vez, puideron permitir o desenvolvemento de capacidades humanas como a comunicación emocional. Porén, os humanos tamén teñen uns narices relativamente grandes e pernas longas, ambas as dúas características peramórficas (non neoténicas). Algúns teóricos evolutivos propuxeron que a neotenia foi unha característica clave na evolución humana. S. J. Gould argumentou que na "historia evolutiva" dos humanos houbo un "mantemento no adulto de características orixinalmente xuvenís dos nosos devanceiros".Gould, S.J. A Biological Homage to Mickey Mouse. J. B. S. Haldane reproduce a hipótese de Gould ao afirmar que unha "tendencia evolutiva principal nos sderes humanos" é unha "maior prolongación da nenez e retardo da madurez." Delbert D. Thiessen dixo que a "neotenia faise máis aparente a medida que os primeiros primates evolucionaron ás formas posteriores" e que os primates "evolucionaran cara a unha cara plana."Thiessen, D.D. (1997). Bittersweet destiny: the stormy evolution of human behavior. Transaction Publishers, N.J. Porén, en relación con algúns grupos que usaron argumentos baseados na neotenia para apoiar o racismo, Gould tamén argumentou "que todo intento de ordenar grupos polo grao de neotenia está fundamentalmente inxustificado" (Gould, 1996, px. 150).Gould, S.J. (1996). The mismeasure of man. W.W. Norton and Company, N.Y. Doug Jones argumentou que as tendencias da evolución humana cara á neotenia puideron terse causado por selección sexual para as características faciais neoténicas en mulleres feita polos homes e a neotenia resultante nas faces masculinas (herdada das nais) sería un "subproduto" desta selección sexual para as faces neoténicas femininas.
En animais domésticos
Obsérvase neotenia en animais domesticados como cans e ratos. Isto débese a que dispoñen de máis recursos, teñen menos competición polos recursos e coa diminución da competición entre animais gastan menos enerxía na obtención de recursos. Isto permítelles madurar e reproducirse máis rapidamente que os seus equivalentes silvestres. O ambiente no que se crían os animais domesticados determina se a neotenia estará presente ou non neses animais. A neotenia evolutiva pode orixinarse nunha especie cando se dean estas condicións, e unha especie chega a estar sexualmente madura antes do seu "desenvolvemento normal". Outra explicación para a neotenia en animais domesticados pode ser a selección en favor de certas características de comportamento. O comportamento está ligado á xenética, o que significa que cando unha característica de comportamento é seleccionada favorablemente, unha característica física pode tamén ser seleccionada debido a mecanismos como o desequilibrio de ligamento. A miúdo, os comportamentos xuvenís son seleccionados para domesticar máis doadamente unha especie; a agresividade en certas especies chega durante a idade adulta cando hai unha necesidade de competir polos recursos. Se non hai necesidade de competición, despois non hai tampouco necesidade de agresión. Ao seleccionar comportamentos xuvenís pode levar á neotenia en características físicas porque, por exemplo, coa necesidade reducida de comportamentos como a agresión non hai necesidade de desenvolver características físicas que axudarían nese aspecto. As características que poden ser neotenizadas debido a unha diminución da agresión poden ser un fociño máis curto e un tamaño xeral menor entre os individuos domesticados. Algúns caracteres físicos neoténicos comúns en animais domesticados (principalmente cans, porcos, furóns, gatos e mesmo raposos) son: orellas flexibles, cambios no ciclo reprodutor, colas enroscadas, coloración a manchas, menos vértebras ou acurtadas, ollos grandes, fronte arredondada, orellas grandes e morro acurtado.Bertone, J. (2006). Equine geriatric medicine and surgery. Saunders, MI.
miniatura|esquerda|A neotenia e a redución no tamaño do cranio, como os cranios do lobo gris e o chihuahua.
Cando as funcións que desempeñaban os cans se ampliou desde ser só cans de traballo a ser tamén cans de compañía, os humanos empezaron a facer unha crianza selectiva dos cans en favor da neotenia morfolóxica, e esta crianza selectiva para a "neotenia ou pedomorfismo" tivo o efecto de potenciar os lazos entre os humanos e os cans. Os humanos criaron os cans para que tivesen máis "características físicas xuvenís" na idade adulta como fociños curtos e grandes ollos que se asocian aos cachorros, porque as persoas xeralmente consideran que estas características son máis atractivas. Algunhas razas de cans con fociños curtos e cabezas anchas como as das razas Komondor, San Bernardo e pastor Maremma son máis neoténicas morfoloxicamente que outras razas de cans.Beck, A.M. & Katcher, A.H. (1996). Between Pets and People: The Importance of Companionship. West Lafayette, Indiana: Purdue University Press. Os Cavalier King Charles spaniels son un exemplo de selección para a neotenia, porque presentan grandes ollos, orellas colgantes e pés compactos, o que lles dá unha morfoloxía máis similar aos cachorros que aos adultos.McGreevy, P.D. & Nicholas, F.W. (1999). Some Practical Solutions to Welfare Problems in Dog Breeding. In Animal Welfare. 8: 329-341.
En 2004, un estudo que utilizou 310 cranios de lobo e uns 700 de can que representaban 100 razas concluíu que a evolución dos cranios dos cans non se pode describir xeralmente por procesos heterocrónicos, como a neotenia, aínda que algunhas razas de cans pedomórficas teñen cranios que lembran os cranios dos lobos xuvenís.Drake, Abby Grace, "Evolution and development of the skull morphology of canids: An investigation of morphological integration and heterochrony" (January 1, 2004). Doctoral Dissertations Available from Proquest. Paper AAI3136721. link En 2011, a conclusión do mesmo investigador era simplemente que os "cans non son lobos pedomórficos."
Noutras especies miniatura|O axolote é unha píntega neoténica, que mantén as branquias larvais durante toda a vida.