A illa de Zvërnec (en albanés: Ishulli i Zvërnecit)http://travelingluck.com/Europe/Albania/Vlorë/_3183592_Ishulli%20i%20Zvërnecit.html é unha illa dentro da lagoa de Narta, no sur de Albania.

A illa está case toda cuberta de altos piñeiros e atópase ó leste doutra illa moito máis pequena. Mide 430 m de longo e ten unha anchura máxima de 300 m. Zvërnec está conectada ó continente por unha ponte de madeira de 270 m de longo.

A illa é unha atracción turística, xa que contén o ben conservado mosteiro bizantino de Zvërnec, do século XIII ó XIV. Preto da illa atópase a vila que leva o mesmo nome.

Mosteiro de Zvërnec

Notas

Categoría:Illas de Albania