Moxico é unha das 18 provincias nas que se atopa dividida administrativamente Angola. A súa capital é Luena. É a meirande provincia do país, cunha superficie de 223.023 km², o cal representa o 18% da superficie do país. Ten unha poboación de 727 594 persoas (censo de 2014) e a densidade de poboación é de arredor de 2,8 hab/km², sendo unha das áreas coa poboación máis dispersa de Angola.

A provincia foi base de operacións de UNITA, durante a guerra civil angolana en 2002. A guerra converteu Moxico nun dos lugares con máis minas terrestres do mundo. O gobernador da provincia é Gonçalves Manuel Muandumba.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do gobernador da provincia

Categoría:Provincias de Angola