O umbundu, ou mbundu do sur (autónimo úmbúndú), é unha das dúas linguas bantús faladas en Angola, sendo a outra o kimbundu. É a lingua máis falada de Angola. Os seus falantes son coñecidos como ovimbundu e son un grupo étnico que constitúe un terzo da poboación do país. O seu territorio tradicional son as terras altas de Angola Central e a rexión costeira ó oeste desas terras, incluíndo as cidades de Benguela e Lobito. Por mor de migracións internas recentes, hai grandes comunidades de falantes umbundu na capital, Luanda, e na provincia homónima, así como en Lubango. Segundo datos de 2014 tiña 6,19 millóns de falantes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Schadeberg, Thilo C. (1982) 'Nasalization in Umbundu', Journal of African Languages and Linguistics, 4, 2, 109–132. Gladwyn M. Childs 'Umbundu Kinship and Character: Being a Description of Social Structure and Individual Development of the Ovimbundu', Londres: Oxford University Press, 1949. .
Categoría:Linguas de Angola Categoría:Linguas de Namibia Categoría:Linguas bantús