Gaia é un observatorio espacial da ESA, lanzado no 2013 e con esperanza de funcionamento ata 2022. Está deseñado para a astrometría: medición das posicións, distancias e movementos das estrelas cunha precisión sen precedentes. En setembro de 2016 foi liberado un primeiro conxunto de datos. En abril de 2018 foi liberado un segundo conxunto de datos, con máis de 1700 millóns de estrelas referenciados, despois de dous anos de observacións e case catro de procesamento de datos por partre dun equipo de 450 persoas. O catálago fixo necesario facer un seguimento do satélite cunha precisión maior que 20 milisegundos de arco.

No 2019 notifícase que está a estudar a colisión entre a Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda (M31, prevista para dentro duns 4500 millóns de anos), e desta e a galaxia do Triángulo (M33) dentro do programa de construción dun mapa tridimensional do ceo e cos datos liberados nun segundo conxunto (en 2018). Asemade, Os seus datos dan conta de fenómenos como o alabeo do disco galáctico.

Os seus datos combínanse cos datos do Telescopio Espacial Hubble e o Very Long Baseline Array (VLBA), conxunto de radiotelescopios terrestres.

Gaia foi planificado para unha misión de cinco anos, a rematar a mediados de 2019, mais a ESA aprobou en 2018 unha extensión da misión ata finais de 2020.

En xuño de 2023 publicouse un catálogo estelar con datos duns 2000 millóns de estrelas. Os seus aparellos podían detectar o grosor dun cabelo a 1000 km de distancia. En outubro, tivo lugar a xuntanza plenaria da Unidade de Coordinación 8 na Coruña (na que participaron Minia Manteiga e Carlos Dafonte polo CITIC da UC) para preparar o novo catálogo de 2500 millóns de estrelas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hipparcos

Ligazóns externas Páxina de Gaia na ESA The billion star surveyor. Gaia data release Media Kit. Gaia data release 1 content. Gaia data release content 2

Categoría:Astronomía observacional Categoría:Satélites artificiais