A música trap é un subxénero musical do hip hop. Xurdiu a principio dos anos 1990 no sur dos Estados Unidos. Caracterízase polo uso de sons repetitivos e melodías sonoras sintéticas, primando a sonoridade e a musicalidade sobre a música e a letra.

O xénero recibe o seu nome da palabra slang de Atlanta "trap house", unha casa utilizada exclusivamente para vender drogas. A música trap usa batería sintetizada e caracterízase por complexos patróns de hi hat, bombos cun sustain longo (orixinalmente da caixa de ritmos Roland TR-808) e contido lírico que a miúdo se centra no consumo de drogas e a violencia urbana. Utiliza moi poucos instrumentos e céntrase case exclusivamente en caixas e hi hats de dobre ou triplo tempo.

Entre os pioneiros do xénero figuran os produtores Kurtis Mantronik, Mannie Fresh, Shawty Redd, Fatboi, Zaytoven, DJ Screw e Toomp, xunto cos rapeiros Young Jeezy, Gucci Mane e T.I. (que acuñou o termo co seu álbum Trap Muzik de 2003). O son do trap moderno foi popularizado polo produtor Lex Luger, quen produciu o influente álbum de Waka Flocka Flame Flockaveli en 2010, e cofundou o prolífico equipo de produción de hip hop 808 Mafia.

Desde que pasou ao mainstream na década de 2010, o trap converteuse nunha das formas máis populares da música estadounidense, dominando constantemente o Billboard Hot 100 ao longo da década, con artistas como Drake, Future, Cardi B, 21 Savage, Migos, Lil. Uzi Vert, Post Malone, XXXTentacion, Young Thug e Travis Scott (entre moitos outros) acadaron os primeiros postos nas listas con cancións con produción inspirada no subxénero trap. Influíu na música de moitos artistas pop e R&B, como Ariana Grande, Beyoncé, Miley Cyrus, Rihanna e outros. A súa influencia tamén se pode escoitar no reguetón e no K-pop. En 2018, o hip hop converteuse na forma de música máis popular por primeira vez (segundo Nielsen Data), coincidindo co continuo aumento da popularidade do trap. En 2019, os éxitos de trap acumularon un grande éxito comercial, como "7 rings" de Ariana Grande que pasou 8 semanas no número 1 da lista Billboard Hot 100; outro éxito trap foi a canción country-trap "Old Town Road" de Lil Nas X (con Billy Ray Cyrus), que bateu o récord de pasar máis semanas (19) na parte superior da lista Billboard Hot 100, ademais de converterse a canción máis rápida en acadar unha certificación de diamante.

Características A música trap caracterízase polo uso de ritmos e arranxos moi densos e sombríos. Conserva unha clara influencia da cultura e da música hip hop. Destaca pola súa sinxeleza escrita, chegando a usar versos sen medidas e métricas moi pouco traballadas.

Outra das características principais do trap son o uso dos efectos sonoros. Usan caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves... Tamén está moi marcado e integrado o uso do Auto-Tune, moitas veces de maneira esaxerada e moi criticado durante anos. O uso de modos harmónicos menores para darlle unha estética máis tétrica, triste e urbana.

A temática do trap fala dun contorno ilegal, depresivo, con drogas e con delincuencia. A lírica é totalmente entendible, xa que vén influenciada polos súa orixe nun mundo cheo agresividade e tráfico de drogas. A diferenza do rap, no trap non hai unha protesta nin unha reivindicación social o trap non ten reivindicacións nin propón solucións.

Historia O trap ten as súas orixes nos Estados Unidos na década de 1990, co foco inicial na cidade de Atlanta. A orixe deste estilo musical debeuse sobre todo ao auxe dos sons electrónicos e a música dance, os cales empezáronse a mesturar cos sons do hip hop, dando lugar a un novo xénero, o trap. O nome foi dado pola xente dos guetos e de lugares de intercambio de drogas, onde se popularizou rapidamente.

Co paso do temo foise estendendo tamén por outros países e obtendo unha gran fama internacional. Esta situación é visible nos países castelanfalantes onde nos últimos anos colleu grande importancia, ademais de que o seu crecemento tamén se viu influído pola saturación do reggeton no mercado musical.

Trap en Galiza

O grupo santiagués Boyanka Kostova, formado en 2016 por Cibrán (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho Do Funk), está considerado o primeiro grupo de trap en lingua galega. Máis tarde chegou Verto, un grupo de dous santiagueses que fixo a súa primeira aparición no programa Luar co seu tema trap "Oie gayego", ampliando deste xeito o panorama do trap galego, saíndo á luz FØ Records, C Mirazo e O Portughés entre outros.

Notas

Categoría:Xéneros musicais Categoría:Subxéneros do Hip hop