Novruz Mammadov (en azerí: Novruz İsmayıl ouğlu Məmmədov), nado o 15 de marzo de 1947, é un estadista e figura política azerí, que foi primeiro ministro da República de Azerbaidján, dende o 21 de abril de 2018 ata a súa dimisión o 8 de outubro de 2019.

Traxectoria Novruz Mammadov naceu o 15 de marzo de 1947 na aldea de Shikmakhmud en Nakhichevan. En 1964 graduouse en secundaria e entrou na sección de lingua francesa da facultade de linguas europeas do Instituto Pedagóxico das linguas de Azerbaidján.

Entre os anos 1967-1968 traballou en Alxeria, entre 1971-1973 en Guinea, e en 1978-1981 en Alxeria, como intérprete e xefe de intérpretes.

En 1991 obtivo o doutoramento en ciencia de filoloxía. En 1992-1993 foi decano da facultade do Instituto Pedagóxico das linguas de Azerbaidján, e en 1993-1997 decano da facultade de francés. O 12 de abril de 1997 foi nomeado xefe do departamento das relacións exteriores da Administración do Presidente da República de Azerbaidján. En 1998,  Novruz Mammadov, polos seus méritos no fortalecemento das relacións amigables entre Azerbaidján e Francia, concedéuselle a Lexión de Honra polo presidente de Francia Jacques Chirac.

En xaneiro de 2002 foi ascendido o rango de Embaixador extraordinario e plenipotenciario polo presidente de Azerbaidján. Dende o setembro de 2005 é o membro da Comisión Nacional de Azerbaidján na UNESCO.

Do 1 de xuño de 2017 foi auxiliar de exterior do presidente de Azerbaidján. O 21 de abril de 2018 foi nomeado primeiro ministro da República de Azerbaidján. Dimitiu ao ano seguinte, o 8 de abril de 2019, sendo substituído por Ali Asadov.

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Primeiros ministros de Azerbaidján Categoría:Membros da Asemblea Nacional de Azerbaidján Categoría:Políticos do Partido do Novo Azerbaidján