A Mauremys mutica é unha especie de tartaruga de tamaño medio (arredor de 19,5 cm), e semiacuática da familia Geoemydidae. Esta especie ten unha característica franxa amarela ancha que se estende detrás do ollo e no pescozo; a súa cuncha varía de cor dende o marrón a marrón agrisado e o plastrón é amarelo ou laranxa con manchas negras ó longo dos bordos exteriores.Ernst, Turtles of the World Habita en Asia, e o seu hábitat esténdese polo Vietnam central cara ó norte pasando polas provincias do sur e o centro da China. Ademais, existen poboacións insulares en Taiwán, Hainan, nas illas Ryukyu e o Xapón.Asian Turtle Trade Working Group (2000) Crese que as poboacións xaponesas poden ser debidas a introducións da especie dende Taiwán.Yasukawa (1996)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Animais descritos en 1842 Categoría:Réptiles da China Categoría:Réptiles de Taiwán Categoría:Réptiles de Vietnam Categoría:Réptiles do Xapón