O Gran Premio de Australia de 2019 (oficialmente Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2019) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 17 de marzo de 2019 no Circuíto Albert Park en Melbourne. A carreira disputouse ao longo de cincuenta e oito voltas e será a primeira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019. A carreira foi a 83ª carreira na historia do Gran Premio de Australia, que se remonta á 100 Miles Road Race de 1928, e a vixésimo cuarta vez que a carreira disputouse no Circuíto Melbourne e a 35ª vez que o Gran Premio de Australia formará parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

Informe Antecedentes Alfa Romeo Racing volverá ao deporte, substituíndo ao equipo Sauber como parte dun acordo de patrocinio que comezou en . Racing Point debutará tamén como construtor independente, logo de adquirir os activos do equipo de Sahara Force India. Espérase que Alexander Albon, Lando Norris e George Russell fagan o seu debut na competición. Mentres tanto, Antonio Giovinazzi, Robert Kubica e Daniil Kvyat volverán ao campionato.

Cambio do sistema de puntos Este Gran Premio marca a introdución dun novo sistema de puntos. Conservarase o sistema 25-18-15-12-10-8-6-4-2-1 utilizado desde o , pero os pilotos que logren a volta rápida recibirán un punto de bonificación, o mesmo aplicarase ao construtor do piloto que logre a volta rápida. O punto só se outorgará se o piloto remata a carreira dentro dos 10 primeiros.

Práctica Lewis Hamilton foi o máis rápido nas tres sesións de adestramento. As sesións fixéronse de maneira ininterrompida, salvo un incidente que viu a Alexander Albon trompeando na curva 2 e golpeando o muro durante a primeira sesión de adestramento. Albon puido volver aos boxes para arranxar o coche. Na terceira sesión de adestramento McLaren mandou saír a Lando Norris no camiño de Robert Kubica, o que provocou unha multa para o equipo Mclaren.

Cualificación A primeira sesión de cualificación pasou sen incidentes ata o último par de minutos cando Robert Kubica golpeou o muro saíndo da curva 10 picando unha roda, máis tarde atribuíuno a un súbito aumento da adherencia. Os pilotos eliminados na Q1 e cualificados do décimo sexto a vixésimo respectivamente foron Lance Stroll, Pierre Gasly, Carlos Sainz, George Russell e Robert Kubica con Charles Leclerc establecendo o tempo de volta rápida da sesión. A eliminación de Gasly sorprendeu de xeito especial. Sainz tamén quedou decepcionado coa súa saída anticipada da cualificación, sobre todo tendo en conta que o seu compañeiro de equipo Lando Norris clasificou oitavo, Sainz atribuíu a súa pronta eliminación a ter que frear despois de que Kubica tivese unha picada diante del, obrigándoo a reducir na súa volta de cualificación.

A segunda sesión de cualificación pasou sen incidentes e acabou coa eliminación de Nico Hülkenberg, Daniel Ricciardo, Alexander Albon, Antonio Giovinazzi e Daniil Kvyat, clasificados undécimo a décimo quinto respectivamente con Lewis Hamilton estabelecendo a volta rápida da quenda de clasificación. A sorpresa foi que os dous Renault de Ricciardo e Hülkenberg quedaron eliminadas logo de ser considerado o cuarto equipo máis rápido despois das probas previas de tempada e que Lando Norris entrara nos dez primeiros.

Na a terceira sesión de cualificación todos os equipos tiveron dous intentos para marcar o mellor tempo, logo do primeiro intento foi Valtteri Bottas quen liderou tras derrotar á marca de volta de cualificación que fixou Hamilton na Q2, seguido por Hamilton e Sebastian Vettel. Durante o segundo intento na Q3, Hamilton mellorou o seu tempo en medio segundo para bater o récord de volta de Bottas. Como ninguén mellorou o seu tempo Lewis Hamilton acadou a pole position, seguido por Valtteri Bottas e Sebastian Vettel completando os tres primeiros. Os dez primeiros foron completados por Max Verstappen, Charles Leclerc, Romain Grosjean, Kevin Magnussen, Norris Lando, Kimi Räikkönen e Sergio Pérez. Na súa entrevista logo da cualificación, Leclerc confesou que non estaba feliz coa súa actuación ao dicir que pensaba que era capaz de entrar nos tres primeiros, pero que non conseguiu debido a unha volta pouco metódica. Mentres, o equipo Haas dixo que estaban encantados co seu desempeño conseguindo que os seus coches fosen sexto e sétimo.

Carreira

Valtteri Bottas comezou a carreira ben desde o segundo posto e na primeira curva acadou o liderado. Detrás, Daniel Ricciardo disputaba a posición con Sergio Pérez, calculou mal a distancia e pisou a herba do lado dereito da pista. O seu aleron dianteiro chantouse na herba e desfíxose dunha forma bastante espectacular, derramando restos ao redor desa parte da pista e provocándolle unha rápida perda de posicións. Max Verstappen foi adiantado por Charles Leclerc, que pasou a loitar contra o seu compañeiro de equipo. Sebastian Vettel mantivo a Leclerc na cuarta posición. Os compañeiros de equipo de Haas, Kevin Magnussen e Romain Grosjean, intercambiaron posicións antes de que Robert Kubica entrase en boxes na volta 6 logo de sufrir danos na súa á dianteira. Na volta 11, Carlos Sainz detivo o seu McLaren na entrada dos boxes, cun gran penacho de fume emerxendo desde a parte traseira do seu coche, seguido dun incendio. Räikkönen entrou en boxes na volta 13 e Pierre Gasly esforzouse por avanzar desde o P17, subindo só ata o P12. Nico Hulkenburg e Sergio Perez entraron nos boxes buscando un "undercut", seguidos por Sebastian Vettel que montou pneumáticos medios. Lewis Hamilton entrou unha volta máis tarde montando o mesmo composto de pneumáticos, e saíu diante de Vettel. Romain Grosjean entrou en boxes pero un problema no pneumático dianteiro esquerdo fixo que perdese tres posicións. Vettel fixo a volta rápida na volta 18 e Antonio Giovinazzi saíuse na curva 13, permitindo pasar a Kevin Magnussen. Bottas fixo a volta rápida na volta 21 e logo entrou a boxes na volta 23. Verstappen seguiuno tres voltas máis tarde e Lando Norris pasou a Giovinazzi na seguinte volta. Charles Leclerc entrou a boxes cando estaba no segundo posto na volta 29 e Daniel Ricciardo foi retirado da carreira polo seu equipo como precaución despois do incidente da primeira volta. Verstappen pasou a Vettel na volta 31. Na volta 55, Verstappen fai a volta rápida da carreira mentres se achega a Lewis Hamilton segundo. Bottas retoma a volta rápida e gaña a carreira cun oco de 20.886 segundos ao seu compañeiro de equipo. Hamilton chegou segundo, seguido de Verstappen no terceiro e os dous Ferrari cuarto e quinto.

Pneus dispoñibles O fornecedor de pneumáticos Pirelli proporcionará aos equipos unha gama intermedia de pneumáticos para a carreira. Segundo as regras introducidas en 2019, Pirelli cambiou as designacións dos seus pneumáticos para puntuar a dureza dos compostos, sendo "C1" o máis duro e "C5" o máis brando. O sistema de codificación de cores utilizado en anos anteriores simplificouse para que a banda no pneumático de cor branca represente o composto máis duro dispoñible en calquera Gran Premio, unha banda amarela no pneumático, o composto medio e a banda vermella no pneumático, o pneumático máis brando. Pirelli nomeou o pneumático C2 como o composto duro de banda branca, o C3 como o medio de banda amarela e o C4 como o brando de banda vermella.

+Pneumáticos dispoñibles en Melbourne Para pista seca De chuvia alt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros (Tipo C2) alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Médios (Tipo C3) alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos (Tipo C4) 55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios 55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia

Clasificación

Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorTempo cualificaciónGrellaQ1Q2Q31 44Lewis HamiltonMercedes1:22.0431:21.0141:20.48612 77 Valtteri BottasMercedes1:22.3671:21.1931:20.59823 5Sebastian VettelFerrari1:22.8851:21.9121:21.19034 33Max VerstappenRed Bull Racing-Honda1:22.8761:21.6781:21.32045 16Charles LeclercFerrari1:22.0171:21.7391:21.44256 8Romain GrosjeanHaas-Ferrari1:22.9591:21.8701:21.82667 20Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:22.5191:22.2211:22.09978 4Lando NorrisMcLaren-Renault1:22.7021:22.4231:22.30489 7Kimi RäikkönenAlfa Romeo F1-Ferrari1:22.9661:22.3491:22.314910 11Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes1:22.9081:22.5321:22.7811011 27Nico HülkenbergRenault1:22.5401:22.5621112 3Daniel RicciardoRenault1:22.9211:22.5701213 23Alexander AlbonScuderia Toro Rosso-Honda1:22.7571:22.6361314 99Antonio GiovinazziAlfa Romeo F1-Ferrari1:22.4311:22.7141415 26Daniil KvyatScuderia Toro Rosso-Honda1:22.5111:22.7741516 18Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes1:23.0171617 10Pierre GaslyRed Bull Racing-Honda1:23.0201718 55Carlos SainzMcLaren-Renault1:23.0841819 63George RussellWilliams-Mercedes1:24.3601920 88Robert KubicaWilliams-Mercedes1:26.06720107% tempo: 1:27.758Fonte:

Carreira

Pos.Nº}PilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 77Mercedes581:25:27.3252261 punto pola volta rápida2 44Mercedes58 +20.8861183 33Red Bull Racing-Honda58 +22.5204154 5Ferrari58 +57.1093125 16Ferrari58 +58.2035106 20Haas-Ferrari58 +1:27.156787 27Renault57 +1 volta1168 7Alfa Romeo F1-Ferrari57 +1 volta949 18 Racing Point-BWT Mercedes57 +1 volta16210 26Scuderia Toro Rosso-Honda57 +1 volta15111 10Red Bull Racing-Honda57 +1 volta1712 4McLaren-Renault57 +1 volta813 11 Racing Point-BWT Mercedes57 +1 volta1014 23Scuderia Toro Rosso-Honda57 +1 volta1315 99Alfa Romeo F1-Ferrari57 +1 volta1416 63Williams-Mercedes56 +2 voltas1917 88Williams-Mercedes55 +3 voltas20Ret 8Haas-Ferrari29Roda6Ret 3Renault28Danos12Ret 55McLaren-Renault9Motor18Volta rápida: Valtteri Bottas (Mercedes) — 1:25.580 (na volta 57)Fonte: miniatura|center|800px|Resultados da carreira do GP de Australia de 2019.

Voltas en cabeza Valtteri Bottas (Mercedes) : 56 voltas (1-22 / 25-58) Max Verstappen (Red Bull-Honda) : 2 voltas (23-24)

Estatísticas O Gran Premio de Australia 2019 representa A 84ª pole position de Lewis Hamilton, a súa oitava en Melbourne e a sexta consecutivo neste circuíto desde o Gran Premio de Australia de 2014. A 4ª vitoria de Valtteri Bottas nun Gran Premio. A 88ª vitoria de Mercedes como fabricante. A 174ª vitoria de Mercedes como fabricante de motor. O 45º dobrete de Mercedes. 1º Gran Premio de Alexander Albon, George Russell e Lando Norris. Primeira vez que Valtteri Bottas lidera o campionato mundial.

Durante este Gran Premio: Valtteri Bottas foi elixido "Piloto do día" tras unha votación organizada no sitio web oficial da Fórmula 1. Grazas ao terceiro posto de Max Verstappen, o motor Honda obtivo o seu primeiro podio desde que Rubens Barrichello ao volante do Honda RA108 en Silverstone no 2008.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos1 Valtteri Bottas262 Lewis Hamilton183 Max Verstappen154 Sebastian Vettel125 Charles Leclerc10Fonte:

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos1 Mercedes442 Ferrari223 Red Bull Racing-Honda154 Haas-Ferrari85 Renault6Fonte:

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://www.grandprix.com.au/ páxina oficial

Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1