Irene Asanina (en grego: Ειρήνη Ασανίνα), finada en 1354, foi unha emperatriz bizantina, esposa do emperador Xoán VI Cantacuzeno.
Traxectoria Irene foi a neta do tsar Iván Asen III, filla de Andrónico Asen déspota de Morea e a súa esposa Tarcaniotisa. Casou con Xoán Cantacuzeno antes de 1320. Desde 1341, cando Xoán Cantacuzeno se proclamou emperador en Didimóteicho o seu nome foi incluído co nome oficial de emperatriz nos documentos emitidos pola corte de CantacuzenoOstrogorski, G., Dzieje Bizancjum (en polaco), p. 473. A coroación oficial da parella imperial non foi até o 13 de maio de 1347Ostrogorski, G., Dzieje Bizancjum (en polaco), p. 481. En novembro de 1354, despois da conquista de Constantinopla por Xoán V Paleólogo, Xoán Cantacuzeno abdicou e entrou no mosteiro de ManganaOstrogorski, G., Dzieje Bizancjum (en polaco), p. 487. Irene tamén vestiu o hábito e adoptou o nome de Uxía, morreu ese mesmo ano no sacro mosteiro de Marta.
Irene tivo seis fillos:
Mateu - coemperador bizantino desde 1352 até 1357, despois déspota de Morea. Manuel - déspota de Morea. María - casou no verán de 1342 con Nicéforo II Orsini, déspota de Epiro. Teodora - foi a terceira esposa do sultán Orhan I do Imperio Otomán. Helena - casou co emperador Xoán V Paleólogo. Andrónico - prisioneiro nos anos 1341-1342 durante a guerra civil, morreu durante unha epidemia en 1347.
Notas
Categoría:Finados en 1354 Categoría:Nados no século XIV Categoría:Emperatrices do Imperio Bizantino