Gregory Oliver Hines, nado en Nova York o 14 de febreiro de 1946 e finado nos Ánxeles o 9 de agosto de 2003, foi un bailarín, actor, cantante e coreógrafo estadounidense.
Traxectoria Inicios Hines naceu en Nova York en 1946, fillo de Alma Iola (Lawless) e Maurice Robert Hines, bailarín, músico e actor. Comezou a bailar claqué cando tiña dous anos de idade e iniciou a danza de forma semiprofesional con cinco.
Tras isto, el e o seu irmán máis vello, Maurice, comezaron a actuar xuntos, estudando co coreógrafo Henry LeTang. Gregory e Maurice tamén aprenderon de bailaríns veteranos como Howard Sims e os Nicholas Brothers, sempre que actuaban nos mesmos lugares. Os irmáns, que actuaban en clubs nocturnos, eran coñecidos como "The Hines Kids" e máis adiante como "The Hines Brothers". Cando o seu pai se uniu para tocar o tambor,"Gregory Hines" (obituary), The Telegraph, 12 de agosto de 2003. o nome cambiou de novo en 1963 a "Hines, Hines, and Dad".
Carreira Hines actuou como cantante solista e músico nunha banda de rock chamada Severance, entre 1975 e 1976, con base en Venice, California. Severance foi unha das bandas locais orixinais dun club chamado Honky Hoagies Handy Hangout, tamén coñecido como 4H Club. Severance publicou o seu álbum debut en Largo Records (subsidiaria de GNP Crescendo) en 1976. En 1986, cantou un dúo con Luther Vandross titulado "There's Nothing Better Than Love", que acadou a primeira posición das listas de éxitos de R&B.Luther Vandross Chart History
Hines debutou no cinema en History of the World, Part I, de Mel Brooks. A crítica apuntou o engado cómico de Hines, e logo apareceu en filmes como Cotton Club, White Nights, Apunta, dispara e corre con Billy Crystal, Tap e Waiting to Exhale. En televisión, protagonizou a súa propia serie en 1997, de título The Gregory Hines Show na CBS, ademais de realizar o papel recorrente de Ben Doucette en Will & Grace. En 1999, volveu poñer a voz a Big Bill, na serie de Nick Jr. Little Bill. En 2000, protagonizou The Tic Code.
A primeira actuación de Hines en Broadway foi co seu irmán en The Girl in Pink Tights en 1954. Foi candidato aos premios Tony por Eubie! (1979), Comin' Uptown (1980) e Sophisticated Ladies (1981), e gañouno por Jelly's Last Jam (1992). En 1989, Gregory Hines creou "Gregory Hines' Tap Dance in America", que tamén presidiu. O especial da PBS incluíu bailaríns como Savion Glover e Bunny Briggs. Tamén copresentou a cerimonia dos Tony en 1995 e 2002.
En 1990, Hines visitou o seu ídolo, Sammy Davis Jr., cando estaba enfermo de cancro de esófago, incapaz de falar. Trala morte de Davis, un emotivo Hines falou no funeral de como Sammy lle fixera un xesto "como se pasase un balón de baloncesto... e eu collino". Hines falou do honor de que Sammy pensase que Hines podería seguir onde el o deixou.
Hines foi un grande improvisador, realizando moitas improvisacións de pasos de claqué, ademais de sons e ritmos. As súas imporvisacións eran como un tambor, facendo sós e logo volvemos con toda clase de ritmos. Tamén improvisaba o fraseo de numerosos pasos de bailes, principalmente baseados no son que producián. A pesar de que herdou as raíces e a tradición do claqué rítmico negro, tamén influíu o novo claqué. Nese momento, aliñou o claqué cos últimos experimentos formais do jazz, as novas músicas e a danza posmoderna.
Durante a súa carreira, Hines foi un defensor do claqué nos Estados Unidos. En 1981, avogou con éxito pola creación do National Tap Dance Day, que se celebra en corenta cidades do país, ademais de noutros oito países. Gregory Hines formou parte da xunta de directores do Manhattan Tap, foi membro do Jazz Tap Ensemble e da American Tap Foundation (antigamente, American Tap Dance Orchestra).
Foi un bo profesor, e influíu en artistas de claqué como Savion Glover, Dianne Walker, Ted Levy e Jane Goldberg. Nunha entrevista con The New York Times en 1988, Hines dixo que todo o que fixo tivo influencia da súa danza: "o meu canto, a miña interpretación, a miña forma de amar, a miña forma de ser pai".
Falecemento Hines morreu de cancro de fígado o 9 de agosto de 2003, de camiño ao hospital dende a súa casa dos Ánxeles. Fora diagnosticado coa enfermidade máis dun ano antes, pero só informara diso os seus amigos máis íntimos. No momento do seu pasamento estaba rematando a produción do programa de televisión Little Bill e estaba comprometido con Negrita Jayde.
Hines está enterrado no cemiterio ortodoxo ucraíno de Saint Volodymyr en Oakville, Ontario. Jayde faleceu de cancro o 28 de agosto de 2009, aos 51 anos, semanas despois do sexto memorial anual de Hines.
O 28 de xaneiro de 2019, o US Postal Service honrou a Hines cun selo, presentado nunha cerimonia en The Buffalo Academy for Visual and Performing Arts en Buffalo, Nova York. O selo é parte da serie de herdanza negra.Postal Service Celebrates Dancer/Actor Gregory Hines As Honoree on New Forever Stamp, US Postal Service news release, 28 de xaneiro de 2019
Vida privada Os matrimonios de Hines con Patricia Panella e Pamela Koslow acabaron en divorcio. Tivo un fillo, Zach, e unha filla, Daria, ademais dunha fillastra, Jessica Koslow.
Filmografía
History of the World, Part I (1981) — Josephus Wolfen (1981) — Whittington Deal of the Century (1983) — Ray Kasternak The Muppets Take Manhattan (1984) — Roller Skater Cotton Club (1984) — Sandman Williams White Nights (1985) — Raymond Greenwood Faerie Tale Theatre: "Puss in Boots" (1985) Amazing Stories: (TV) "The Amazing Falsworth" (1985) About Tap (1985) — El mesmo Apunta, dispara e corre (1986) — Ray Hughes Off Limits (1988) — Albaby Perkins Tap (1989) — Max Washington Gregory Hines'Saigon (1987) — El mesmo Gregory Hines' Tap Dance in America (1989) — El mesmo Eve of Destruction (1991) — Colonel Jim McQuade A Rage in Harlem (1991) — Goldy White Lie (1991) — Len Madison Jr. T Bone n Weasel (1992) — T Bone Dead Air (1994) — Mark Jannek / Jim Sheppard Renaissance Man (1994) — Sergeant Cass Kangaroo Court (1994) Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child (1995, episodio Beauty and the Beast) — The Beast/Prince Koro (voz) A Stranger in Town (1995) — Barnes Waiting to Exhale (1995) — Marvin King Good Luck (1996) — Bernard 'Bern' Lemley Mad Dog Time (1996) — Jules Flamingo The Preacher's Wife (1996) — Joe Hamilton The Cherokee Kid (1996) — The Undertaker / Jedediah Turner Subway Stories: Tales From the Underground (1997) — Jack (episodio "Manhattan Miracle") The Tic Code (1999) — Tyrone Pike Will & Grace (TV) (1999 a 2000) — Ben Doucette Things You Can Tell Just by Looking at Her (2000) — Robert (episodio "Fantasies About Rebecca") Who Killed Atlanta's Children? (TV) (2000) — Ron Larson Once in the Life (2000) — Ruffhouse Bojangles (2001) — Bojangles Venice: Lost and Found (2002) The Red Sneakers (TV) (2002) — Zeke Law & Order: (TV) "Suicide Box" (2003) — Carl Halpert Lost at Home: (TV) (2003) — Jordan King The Root (2003) Little Bill (TV) (1999 to 2004, until his death) — Big Bill Keeping Time: The Life, Music & Photography of Milt Hinton (2004) — El mesmo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog of Death obituary Tapping into history Deborah Jowitt, Village Voice, agosto de 2003. TonyAwards.com Interview with Gregory Hines Archival footage of Gregory Hines, Dianne Walker and Jimmy Slyde in 1996 at Jacob's Pillow
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Bailaríns Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Coreógrafos Categoría:Finados por cancro Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana