Inxeba (do xhosa: "ferida") é un filme surafricano de 2017 dirixido por John Trengove. Estreouse na Competición de Cine Dramático do Mundo no Festival de Cinema de Sundance de 2017 e na sección Panorama do Festival de Cine de Berlín. O filme abriu o Festival Internacional de Cine LGBT de Tel Aviv en 2017. Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, pasando á lista de preclasificados de decembro, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia conta unha relación oculta entre dous homes no contexto do ritual de iniciación xhosa do Ulwaluko." Xolani, obreiro dunha fábrica, únese aos homes da súa comunidade na cerimonia anual nas montañas do Cabo Oriental. Ademais de servir de mentor dos iniciados, Xolani agarda o evento xa que lle brinda a oportunidade de restablecer a súa relación sexual e romántica con Vija. Cando Xolani é asignado como mentor de Kwanda, un mozo de Johannesburgo, axiña se decata de que Kwanda tamén é homosexual, e Kwanda pronto descobre a natureza da relación entre Vija e Xolani. Axiña xorden tensións entre os tres.

Personaxes Nakhane Touré como Xolani Bongile Mantsai como Vija Niza Jay Ncoyini como Kwanda Siphosethu "Seth Singer" Ngcetane como Nkosi Loyiso Lloyd N Ngqayana como iniciado de Vija Sibabalwe Esbie Ngqayana como Zuko Halalisani Bradley Cebekhulu como Lukas Inga Qwede como Ncedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua xhosa Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Suráfrica Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Alemaña