O Phacochoerus africanus é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Suidae, unha das dúas especies de Phacochoerus que existen. É a máis numerosa nas sabanas de África.

Descrición esquerda|miniatura|200x200px|Cranio. Malia que poden verse comunmente en pasteiros abertos, sempre buscan refuxio na vexetación con forraxe máis densa. De feito, prefiren alimentarse en zonas densas e húmidas.

A súa dieta é omnívora, composta de herbas, raíces, bagas e outras froitas, cortizas, fungos, ovos, animais mortos, e pequenos mamíferos, mesmo réptiles e aves. A dieta é estacionalmente variable, dependendo da dispoñibilidade de diferentes alimentos. As áreas con moitos bulbos, rizomas e raíces nutritivas poden atraer a un gran número de facóqueros.

Os facóqueros son corredores rápidos. A miúdo corren coa cola erguida. Malia os seus problemas de visión, teñen un bo sentido do olfacto, que empregan para a localización dos alimentos, a detección de depredadores e o recoñecemento doutros animais.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1788 Categoría:Mamíferos de África