Elvira Cienfuegos López, nada en Lourenzá en 1953, é unha catedrática de bacharelato e política galega.

Traxectoria Licenciada en Bioloxía e Farmacia, traballou como catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xelmírez II de Santiago de Compostela.

Militante do BNG, presentouse ás eleccións xerais de 2008 pola Coruña. Foi concelleira no Concello de Santiago de Compostela entre os anos 2003 e 2011; primeiro como concelleira de Educación e Mocidade e máis tarde á fronte da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible entre os anos 2007 e 2011. Dende esta concellería impulsou a creación das hortas urbanas en Santiago de Compostela. En abril de 2017 foi elixida responsable comarcal do BNG para a área de Santiago.

Ten longa traxectoria no movemento ecoloxista en Galicia a través da súa relación coa asociación ADEGA, onde colaborou na organización de rutas e excursións de sensibilización ambiental por Galicia. En 2015 aparece como vogal no padroado inicial da Fundación Eira.

Obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha da autora en Baía Edicións

Categoría:Ecoloxistas de Galicia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes