Joaquim Forn i Chiariello, nado en Barcelona o 1 de abril de 1964, é un político catalán, licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona e adscrito primeiro a Convergència i Unió e posteriormente ao Partit Demòcrata Europeu Català.
Foi concelleiro en Barcelona dende 1999 ata 2017, exercendo de tenente de alcalde da cidade durante a alcaldía de Xavier Trias, entre 2011 e 2015. Foi conselleiro de Interior da Generalitat de Cataluña dende o 14 de xullo ata o 28 de outubro de 2017, en virtude da aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña. Foi deputado no Parlamento de Cataluña na súa XII lexislatura.
Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese mesmo ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 10 anos e medio de prisión e inhabilitación polo delito de sedición.
Publicacións Escrits de presó (Grup Enciclopèdia Catalana, 2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1964 Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos de CDC Categoría:Políticos de CiU