O sendinés (en mirandés: sendinés, ), por veces referido polo nome mirandés do surRaposo, Eduardo B. P. et alii: “Variedades dialetais do português europeu”, en Gramática do Português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 2013, pp. 85 - 142 (en mirandés: mirandés de l sul, en portugués: mirandês do sul), é unha variedade da lingua mirandesa, falada na aldea de Sendim, actualmente organizada como Sendim e Atenor.
Distínguese daquela lingua por monotongar os ditongos crecentes ie e uo en i e u (como tal ruodra -roda- lerase como rudra; piele -pel- lerase cumo pile), ditongar a nasal representada por on en ão (como tal preciçon -procesión- lerase como precissão) e por non palatalizar a lateral l en lh no comezo da palabra, como ocorre nas variedades lingüísticas do mirandés (como tal lhuna -lúa- é lido como luna), ademais doutras variantes lexicais.
A banda de rock agrícola Picä Tumilho, canta en sendinés.
Características Diferente da variedade raiana, a letra l en posición inicial non sofre palatalización. O sufixo -on pronúnciase -ão. Os ditongos crecentes ie e uo pronúncianse i e u respectivamente. Como tal: ruodra pronúnciase rudra; piel pronúnciase pil).
Notas
Categoría:Lingua mirandesa