Antonio Munch Zapata, nado na Coruña en 1898 e finado en Coirós o 1 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Tranviario, foi representante do Sindicato de la Unión de Obreros Tranviarios da UGT coruñesa no Congreso da Federación Local Obrera en abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado pola Garda Civil en Coirós. Foi soterrado nunha fosa común sen que chegase a localizarse o seu cadáver.
En outubro de 1957 publicouse un edicto do xuíz de primeira instancia número 1 da Coruña, no que se daba conta da tramitación dun expediente sobre a súa declaración de falecemento, a petición da súa muller María de la Concepción Iglesias López.La Voz de Galicia, 22-10-1957, p. 4.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes