Sarah Caroline Olivia Colman, nada en Norwich o 30 de xaneiro de 1974, é unha actriz inglesa, gañadora dun Oscar, catro premios da BAFTA, catro British Independent Film Awards e dous premios Globo de Ouro.
Traxectoria Graduada Bristol Old Vic Theatre School, Colman acadou a popularidade polo seu traballo na televisión. Destacou como Sophie Chapman na serie de televisión Peep Show (2003–2015). Outros papeis cómicos en televisión inclúen Green Wing (2004–2006), Beautiful People (2008–2009), Rev. (2010–2014), Twenty Twelve (2011–2012) e Fleabag (2016). Tamén interpretou varios papeis en That Mitchell and Webb Look (2006–2008), xunto cos seus compañeiros de Peep Show David Mitchell e Robert Webb.
No cinema, Colman recibiu boas críticas pola súa interpretación no drama de Paddy Considine Tyrannosaur (2011). Os outros grandes papeis inclúen Doris Thatcher en Hot Fuzz (2007), Carol Thatcher en The Iron Lady (2011), a raíña Isabel en Hyde Park on Hudson (2012), Bethan Maguire en Locke (2013), Margaret Lea en The Thirteenth Tale (2013) e a directora de hotel de The Lobster, de Yorgos Lanthimos (2015). A súa interpretación de Ana de Gran Bretaña en The Favourite (2018) valeulle múltiples premios, incluíndo o Oscar á mellor actriz.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2004 Terkel in Trouble Terkel's Mother Voz; dobraxe en inglés 2005 Zemanovaload TV Producer One Day Ian's Mother Curtametraxe 2006 Confetti Joanna Roberts 2007 Hot Fuzz PC Doris Thatcher Grow Your Own Alice I Could Never Be Your Woman Hairdresser Dog Altogether Anita Curtametraxe 2009 Le Donk & Scor-zay-zee Olivia 2011 Tyrannosaur Hannah Arrietty Homily Voz; dobraxe británica The Iron Lady Carol Thatcher 2012 Hyde Park on Hudson Raíña Isabel 2013 I Give It a Year Linda Locke Bethan Maguire Voz 2014 Cuban Fury Sam Garrett Pudsey the Dog: The Movie Nelly the Horse Voz Thomas & Friends: Tale of the Brave Marion Voz; dobraxe en inglés The Karman Line Sarah 2015 The Lobster Directora de hotel Thomas & Friends: Sodor's Legend of the Lost Treasure Marion Voz; dobraxe en inglés London Road Julie 2017 Asasinato no Orient Express Hildegarde Schmidt 2018 The Favourite Raíña Ana The British Airways Safety Video Ela mesma 2019 Them That Follow Hope
Notas
Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Nados en 1974 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Óscar á mellor actriz