miniatura|dereita|Fortaleza Trongsa, en Bután.

Arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) é o nome dado ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután.Royal Ark Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos. Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.

Características miniatura|Dzong de Punakha.

Muros altos de ladrillo e pedra pintados de branco. Na súa base dispoñen de moi poucas ou ningunha xanela. Bandas avermelladas preto do tope dos muros, ás veces puntuadas por grandes círculos dourados. Chans dos templos de estilo chinés. Entradas masivas construídas de madeira e ferro. Patios interiores e templos profusamente decorados con motivos budistas.

Os dzongs en Bután En Bután os dzongs forman parte da súa organización territorial, constituíndo un caso particular no mundo actual. Cada dzong está á cabeza dun distrito, e no seu interior están repartidos os tres poderes: executivo, lexislativo e xudicial. Ademais, é sede tanto do goberno político como do relixioso (budista).Rennie, Frank, Robin, Mason; Bhutan: ways of knowing, p. 193. Ed. IAP (2008). ISBN 978-1-59311-735-1.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Arquitectura de Bután Categoría:Arquitectura do Tíbet Categoría:Arquitectura budista Categoría:Estilos arquitectónicos