miniatura|dereita|250px|Rapaces nun festival levando o gho. miniatura|dereita|250px|Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, rei de Bután, levando un gho e un kabney real.

O gho ou g'ô (en ; ɡ̊hoː˨) é o traxe tradicional e nacional dos homes de Bután. Introducido no século XVII por Ngawang Namgyal, primeiro Zhabdrung Rinpoche, para darlle ó pobo ngalop unha identidade distintiva, é un traxe longo até o xeonllo atado por un cinto de tela coñecido como kera (en ). En ocasións especiais, é vestido cun kabney.

O goberno de Bután require que tódolos homes leven o gho se traballan nunha oficina do goberno ou nun colexio. Os homes tamén teñen que levar o gho en ocasións formais. Na súa forma moderna, a lei data de 1989, pero o código de vestimenta driglam namzha é moito máis antigo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Kira

Categoría:Cultura de Bután