José Yusty Pita, nado en Ferrol en 1909 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1996,Necrolóxica en ABC 7/1/1996 . foi un militar e político galego.
Traxectoria Ingresou na Escola Naval Militar de Marín en setembro de 1924 e foi nomeado alférez de fragata en 1926. Foi xefe do Estado Maior da segunda flotilla de destrutores, profesor da Escola de Guerra Naval e agregado naval da embaixada de España en Roma. Ascendido a contraalmirante, foi nomeado profesor da Escola de Altos Estudos Militares do CESEDEN e despois xefe da Agrupación de Adestramento da Frota. Foi comandante xeneral da Zona Marítima das Canarias e en 1971 ascendeu a almirante.
Recoñecementos Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenexildo. Gran Cruz do mérito naval. Gran Cruz da orde do mérito aeronáutico. Gran Cruz da orde do mérito militar.
Vida persoal Casou con Concepción Bastarreche Moreno, filla de Francisco Bastarreche Díaz de Bulnes, e foi pai de José Yusty Bastarreche.
Notas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes