Eduardo Luigi Paolozzi, nado en Leinth o 7 de marzo de 1924 e finado en Londres o 22 de abril de 2005, foi un escultor escocés.
Traxectoria Naceu nunha familia de emigrantes italianos. Estudou no Edinburgh College of Art en 1943 e no St Martin's School of Art en 1944 e no Slade School of Art en Londres de 1944 a 1947 tras o que traballou en París.
De estilo surrealista fundou o Grupo Independente, precedente da arte pop británica dos anos 60. Paolozzi é coñecido por realizar grandes estatuas realísticas con elementos rectilíneos engadidos ou retirados ou coa forma humana deconstruída dunha maneira cubista.
Categoría:Escultores de Escocia Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en Escocia