Augusto Carlos Teixeira de Aragão, nado en Lisboa o 15 de xuño de 1823 e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1903, foi un militar, médico, numismático, arqueólogo e historiador portugués. Como oficial do exército portugués, xubilouse co rango de xeneral. Está considerado como un dos pais da numismática en Portugal."ARAGÃO, Augusto Carlos Teixeira". En Diccionário de historiadores portugueses. Academia Real das Ciências.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxina 49.Pernas, C. A. "O Pai da Numismática". En Medalhas Portuguesas."Augusto Carlos Teixeira de Aragão". En Geneall.

Traxectoria miniatura|220px|esquerda|Placa da praza Dr. Teixeira de Aragão, en Lisboa Era fillo de José Maria Teixeira de Aragão e de Mariana Hermógenes da Silva.

Teixeira cursou estudos de Medicina e, no exército portugués, alcanzou o cargo de cirurxián maior en xefe. No seu labor como médico e militar, desempeñou tamén o cargo de director do Hospital Militar de Tavira e, no exercicio civil, como cirurxián no distrito de Setúbal, formou parte da comisión de asistencia e socorro aos afectados pola epidemia de disentería que se produciu alí en 1849.

Xa desde ben rapaz, Teixeira dedicouse ao coleccionismo de moedas. O seu interese pola numismática, as súas lecturas de historia e arqueoloxía e, tamén, a súa amizade con Lois I de Portugal (de cuxo gabinete numismático foi director) permitíronlle dedicarse en profundidade a esta disciplina ao longo da súa vida.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxinas 50-51.

Na década de 1860 foi un dos responsables dos traballos de redescuberta do sitio arqueolóxico da cidade romana de Balsa, no distrito de Faro.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxina 87."Descobrir Balsa. Uma das maiores cidades romanas do seu tempo". En Super-interessante. Nº 148. Agosto de 2010. Páxinas 80-87.

En 1867, en condición de conservador do gabinete do Palacio da Ajuda, encargouse da organización, a catalogación e a exposición dos fondos do Museo de Antigüidades da Ajuda, constituídos por pezas de gran valor pertencentes ao tesouro da casa real portuguesa, a conventos extinguidos e a particulares, e adquiriu tamén pezas novas. Durante o desempeño destas funcións, encomendóuselle a tarefa de levar parte dos obxectos da colección da casa real á Exposición Universal de París de 1867, onde logrou a medalla de ouro outorgada pola Comisión de Historia do Traballo. Durante o transcurso da exposición tivo a oportunidade de tomar contacto coas personalidades de máis recoñecemento mundial no campo da numismática. Ao mesmo tempo, foi nomeado polo Ministerio da Guerra de Portugal para representar o seu país na Conferencia Internacional das Sociedades de Auxilio a Militares Feridos e Enfermos en Tempo de Guerra que se realizou nesa mesma cidade.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxinas 51-53.

En 1870 publicou o libro Descrição Histórica das Moedas Romanas Existentes no Gabinete Numismático de sua Majestade El-Rei O Senhor D. Luiz I.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxina 51 (nota 69). Un ano despois foi admitido como socio correspondente do Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro, grazas ao informe favorable acerca desta obra emitido pola Comisión de Arqueoloxía e Etnografía."Parecer da Comissão de Arqueologia e Etnographia acerca da obra - Descripção histórica das moedas romanas existentes no gabinete numismático de sua Majestade El-Rei O Senhor D. Luiz I". En Revista Trimestral do Instituto Historico, Geographico e Ethnographico do Brasil. Tomo XXXIV. Río de Xaneiro. 1871. Páxina 362.

En 1872 foi nomeado Secretario Xeral do Goberno da India e, en tal condición, acompañou a Goa o infante don Augusto, irmán do rei Lois I, na expedición de 1895.Carta asinada por Teixeira de Aragão como Secretario Xeral do Goberno da India.

En 1875 publicouse o primeiro dos tres volumes da súa obra monumental Descrição Geral e Histórica das Moedas Cunhadas em Nome dos Reis, Regentes e Governadores de Portugal. Teixeira de Aragão chegou a planear un cuarto volume desta obra, onde incluiría as moedas portuguesas do Brasil e da África Occidental Portuguesa, que non chegou a materializarse.Cordeiro, V. (1974). Páxinas 10-13.

Este mesmo ano formou parte da Comisión da Academia Real de Belas Artes, nomeada polo Goberno, co obxectivo de propor a reforma do ensino das belas artes, o plan para a organización dos museos, e o Servizo dos Monumentos Históricos e da Arqueoloxía. En 1876 foi elixido membro da sección de historia e arqueoloxía da Academia Real das Ciencias de Lisboa, que en 1880 o nomeou comisario rexio para a preparación do programa de traslado dos restos mortais de Vasco da Gama desde a igrexa do convento da Nosa Señora das Reliquias da Vidigueira ata o Mosteiro dos Xerónimos, onde permanecen desde entón.Véxanse na sección "Publicacións" deste artigo as referecias de 1871 e de 1887(a).

En 1877 participou na conferencia arqueolóxica da Citania de Briteiros en Guimarães.Dos Santos Pereira, E. (2017). Páxina 59."Conferência arqueológica da Citânia ". En Ferreira Caldas, A. Guimarães. Apontamentos para a sua História. A. J. da Silva Teixeira. Porto. 1881.

En 1881 desempeñou o cargo de vogal e delegado da comisión organizadora da exposición Special Loan Exhibition of Spanish and Portuguese Ornamental Art, que tivo lugar no museo South Kensington de Londres.Robinson, J. C. Catalogue of the special loan exhibition of Spanish and Portuguese ornamental art. South Kensington Museum, 1881. Londres. 1881. Páxina 5.

Foi membro, así mesmo, da Sociedade de Xeografía de Lisboa, da Sociedade Francesa de Numismática, da comisión de antigüidades da Real Academia da Historia, de Madrid.Jiménez Díez, J; Mederos, A. (2001). Comisión de Antigüedades de la Real Academia de la Historia. Baleares. Canarias. Melilla. Gibraltar. Extranjero. Catálogo e Índices. Comisión de Antigüedades. Real Academia de la Historia. Madrid. Páxina 249. ISBN 84-89512-87-6

miniatura|260px|Medalla Teixeira de Aragão (1963), da Sociedade Portuguesa de Numismática Teixeira de Aragão faleceu o 29 de abril de 1903 e foi sepultado no Cemiterio dos Praceres, en Lisboa.

Na súa memoria, a Sociedade Portuguesa de Numismática celebrou en Porto en xuño de 1963 a súa I Exposición Biblio-Numismática, e no mesmo ano cuñou a Medalla Teixeira de Aragão en bronce patinado, cun diámetro de 70 mm e peso de 163 g."Historia". No sitio web da Sociedade Portuguesa de Numismática.Dos Reis Antunes Vaz, M. L. (1980). Catálogo da colecção de Medalhas da Biblioteca Geral da Universidade de Coimbra. Coimbra. 20-6. Páxina 51.

Publicacións Esta é unha escolma das principais publicacións de Teixeira de Aragão:Rocha Peixoto. "Os Mortos: Augusto Carlos Teixeira de Aragão". En Portugalia. Tomo I. Fascículo 4º. 1903."Augusto Carlos Teixeira de Aragão". En Worldcat."Augusto Carlos Teixeira de Aragão". En Google Books.

(1843): As minhas ferias. Academia das Bellas Artes. Lisboa. (1846): O Hercules Preto. Martins. Lisboa. (1861): Vidigueira: Fragmentos históricos. O Bejense. Beja. (1843): Vidigueira: Convento do Carmo. O Bejense. Beja. (1866): Algumas causas que podem contribuir para a frequência tísica nos alunos do Real Colégio Militar. Escholiaste Médico. (1867): Description des Monnaies, Médailles et Autres Objects D'Art Concernant L'Histoire Portugaise. Paul Dupont. París. (1867): Notes sur quelques numismates portugais des XVIIe, XVIIIe et XIXe siècles : lettre a M. le vicomte de Ponton d'Amécourt. Pillet. París. (1868): Relatório sobre o Cemitério Romano Descoberto próximo da cidade de Tavira em Maio de 1868. Imprensa Nacional. Lisboa. (1869): Catálogo descriptivo das moedas e medalhas portuguezas que formam parte da colecção do Visconde de Sanches de Baena. Castro Irmão. Lisboa. (1870): Descripção Histórica das Moedas Romanas existentes no Gabinete Numismático de sua Magestade EL-Rei O Senhor Dom Luiz I. Typographya Universal. Lisboa. (1871): D. Vasco da Gama e a Villa da Vidigueira D. Vasco da Gama e a Villa da Vidigueira. Typographya Universal. Lisboa. (1872): Typos politicos: Mestre Manoel Camões. Almanach Arsejas - Liv. Arsejas. (1875): Descrição geral e histórica das moedas cunhadas em nome dos reis, regentes e governadores de Portugal (Tomo I). Imprensa Nacional. Lisboa. (1877): Descrição geral e histórica das moedas cunhadas em nome dos reis, regentes e governadores de Portugal (Tomo II). Imprensa Nacional. Lisboa. (1880): Descrição geral e histórica das moedas cunhadas em nome dos reis, regentes e governadores de Portugal (Tomo III). Imprensa Nacional. Lisboa. (1887): Vasco da Gama e a Vidigueira: Estudo historico. Imprensa Nacional. Lisboa. (1887): Anneis: Estudo. Academia Real das Sciencias. Lisboa. (1892): Breve noticia sobre o descobrimento da América. Academia Real das Sciencias. Lisboa. (1892): Catálogo dos objectos de arte e industria dos indígenas da América que, pelas festas commemorativas do 4º centenário da sua descoberta, a Academia Real das Sciencias de Lisboa envia à Exposição de Madrid. Academia Real das Sciencias. Lisboa. (1894): Diabruras, santidades e prophecias. Academia Real das Sciencias. Lisboa. (1894): A Torocentese ou Operação do Empiema. Lisboa. (1896): "Antiguidades romanas de Balsa". En O Archeologo Português. Vol. II. Lisboa. Páxinas 55-57. Memoria historica sobre os Palacios da residencia dos V. Reys da India. Manuscrito.

Recoñecementos

Cabaleiro da Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito (1868). Cabaleiro da Orde de Cristo. Comendador (1970), Grande Oficial e Cabaleiro (1974) da Orde Militar de Avis."Augusto Carlos Teixeira de Aragão". Arquivo Nacional Torre do Tombo. Comendador da Orde da Nosa Señora da Concepción de Vila Viçosa. Cabaleiro da Coroa de Ferro, de Austria. Comendador e cabaleiro da Orde de Carlos III, de España. Cabaleiro da Orde do Elefante Branco, de Siam. Cabaleiro da Orde de Nichan Iftikhar, de Tunisia. Tres medallas de prata nas clases de Valor Militar, Bos Servizos e Comportamento Exemplar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cordeiro, V. (1974). "Do modesto discípulo ao mestre Teixeira de Aragão". En Nvmmvs. Nº 33. Vol X-2. Decembro. Sociedade Portuguesa de Numismática. Páxinas 9-13. Dos Santos Pereira, E. (2017). Actores, colecções e objectos. Coleccionismo arqueológico e redes de circulação do conhecimento. Portugal, 1850-1930. "O que havia, já levou o Dr. Aragão". Páxinas 49-71. Tese de doutoramento. Universidade de Évora. Mateu i Llopis, F. (1948). "Cartas inéditas de Teixeira de Aragão". Revista Guimarães. Separata do fasc. 1-2 do volume LIX. Guimarães. Páxinas 113-119. Pereira, J.; Rodrigues, G. (1904). "Augusto Carlos Teixeira de Aragão". En Diccionario historico, chorographico, heraldico, biographico, bibliographico, numismatico e artistico. Vol. I. Lisboa. Páxinas 631-632. Xavier, H. (2011). "O Museu de Antiguidades da Ajuda: numismática e ourivesaria das colecções reais ao tempo de D. Luís". En Revista de História da Arte. Nº 8. Páxinas 71-87.

Ligazóns externas

Documentación de Teixeira de Aragão no Arquivo Distrital de Évora

Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Numismáticos de Portugal Categoría:Historiadores de Portugal Categoría:Médicos de Portugal Categoría:Cirurxiáns de Portugal Categoría:Médicos militares Categoría:Militares de Portugal Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática