Noite de reis (en ou What You Will) é unha obra de comedia de William Shakespeare, que puido ser escrita arredor dos anos 1601 1602 como un entretemento para a tempada de Nadal. A obra céntrase nos xemelgos Viola e Sebastian, que son separados por mor dun naufraxio. Viola (que se disfraza de Cesario) namórase do duque Orsino, que á súa vez está namorado da Condesa Olivia. Despois de coñecer a Viola, a condesa Olivia namórase dela ó pensar que é un home.
A obra conta con interludios musicais que foron creados para a ocasión, con elementos da trama extraídos da historia curta "Of Apollonius and Silla" de Barnabe Rich, baseada na historia de Matteo Bandello. A primeira representación rexistrada foi a do 2 de febreiro de 1602, no día da Candeloria, o remate formal do ano segundo o calendario cristián. A obra non foi publicada até a súa inclusión en First Folio en 1623.
Foi traducido ó galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia no ano 2003.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1956 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:William Shakespeare