miniatura|María Antonieta en traxe de muselina (retrato de 1793). A muselina é unha tea fina de algodón orixinaria de Mosul (Iraq). Este termo utilízase tamén en cociña, por extensión, referíndose a unha salsa de patacas, chocolate ou outros ingredientes, convertidos nun puré moi fino e suave.
Historia Procedente da India, apareceu en Europa no século XIII, primeiro en seda e máis tarde en algodón. A pesar das prohibicións de importación e ás facilidades dadas á industria para a súa fabricación, será necesario esperar ao século XIX para que a confección da muselina se desenvolva en Europa.
Usos Os vestidos da muselina, postos de moda, crearon unha nova industria. A muselina é un tecido fino, transparente e vaporoso. Técese con fíos finos e retortos, non moi tupidos, empregando algodón, seda, la viscosa ou fíos sintéticos. Utilízase xeralmente para o vestiario teatral e para a decoración das xanelas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Materiais Categoría:Fibras