miniatura|dereita|Premio 2023. Paz Filgueira (de pé) con mulleres premiadas en anteriores edicións: (de esquerda a dereita) Coral del Río, África González, Chis Oliveira, Mª Xosé Porteiro.
O Premio de Igualdade Ernestina Otero é un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade. Toma o nome da mestra e pedagoga Ernestina Otero e ten carácter anual. A primeira edición do premio celebrouse en 2013 coincidindo coa celebración dos actos con motivo do Día Internacional da Muller que organizan a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Consello Municipal da Muller. O galardón tamén é obra dunha muller, a artista Cuqui Piñeiro. Trátase dunha escultura en bronce que representa unha muller montando en bicicleta. Galardoadas
As seguintes mulleres foron galardoadas con este premio: I Premio 2013. Carmen Segurana, sindicalista que participou na organización do Movemento Democrático de Mulleres. II Premio 2014. Isabel Blanco, xinecóloga comprometida coa defensa dos dereitos e da saúde das mulleres. III Premio 2015. Antía Cal, pedagoga recoñecida polo seu traballo e esforzo no ámbito da enseñanza. IV Premio 2016. Coral del Río, catedrática e primeira directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, polo seu compromiso nos estudos de xénero. V Premio 2017. Rosa Cobo, profesora de Socioloxía, pola súa traxectoria en favor da igualdade de xénero. VI Premio 2018. Ana Gandón, ex-concelleira do Concello de Vigo, polo seu labor realizado en defensa dos dereitos das mulleres. VII Premio 2019. María Xosé Queizán, unha das intelectuais feministas máis relevantes de Galicia, pola súa ampla traxectoria. VIII Premio 2020. María Xosé Porteiro, xornalista, escritora, feminista e política, pola súa defensa dos dereitos da muller. IX Premio 2021. Mercedes Oliveira, doutora en Filosofía e Pedagoxía e unha das activistas máis destacadas no ámbito da igualdade, cunha intensa labor nas aulas. X Premio 2022. África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, académica da Real Academia de Farmacia de Galicia e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, en recoñecemento pola súa traxectoria como investigadora e na vixilancia da saúde. XI Premio 2023. Paz Filgueira Paz, maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo desde xaneiro do 2012 ata novembro do 2020, poñendo en valor a perspectiva de xénero que aporta ao seu traballo.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Cultura en Vigo Ernestina Otero