Nikolai Mikháilovich Przhevalski ou Przewalski, ou Nikolai Mikháilovich Przhevalskiy, (en polaco Przewalski, en ruso Пржевальский, transliterado de varias maneras: Przhevalski, Prževalskij, Prjevalsky...), nado en Smolensk o 12 de abril de 1839 e finado en Karakol, rexión de Isiq-Köl o 1 de novembro de 1888, foi un xeógrafo e naturalista ruso, importante explorador de Asia Oriental e Asia Central.

Traxectoria Przevalski naceu en Smolensk no seo dunha familia da nobreza polaca, cidade onde iniciou os seus estudos, antes de ingresar na Academia Militar de San Petersburgo. En 1864 foi profesor de xeografía na Escola Militar de Varsovia.

En 1867 Przevalski solicitou á Sociedade Xeográfica Rusa ser enviado a Irkutsk, no leste de Siberia. A súa intención era explorar a conca do río Ussuri, un afluente do Amur. Esta foi a súa primeira expedición de importancia, que durou dous anos. Przevalski publicou o diario da expedición co título Viaxes pola rexión do Ussuri, 1867-69.

Despois desta exploración realizou outras catro. Aínda que nunca chegou á súa meta final, a cidade de Lhasa, no Tíbet, viaxou a través de rexións descoñecidas, ao oeste, como o norte do Tíbet, a actual Qinghai e Zungaria.Luce Boulnois (2005): Silk road: monks, warriors & merchants (páx. 415). Florey, Australian Capital Territory: Odyssey Books. ISBN 9-6221-7721-2.

Przevalski contribuíu significativamente ao coñecemento europeo sobre a Asia Central, e foi o primeiro europeo que descubriu unha das poucas subespecies existentes do cabalo salvaxe, que hoxe leva o seu nome: Equus ferus przewalskii.Alexander Hellemans & Bryan Bunch (1988): The timetables of science (páx. 304). Nova York: Simon and Schuster. ISBN 0-6716-2130-0.

Abreviatura (botánica) A abreviatura Przew. emprégase para recoñecer a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.​

Abreviatura (zooloxía) A abreviatura Przewalski emprégase para indicar a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Meyer, Karl E. & Shareen-Blair Brysac (1999): Tournament of shadows: the great game and the race for empire in Central Asia. Nova York: Basic Books. ISBN 978-1-5824-3106-2.

Ligazóns externas «Nikolai Mikhailovich Przhevalsky and the politics of russian imperialism» , artigo de Kyrill Kunakhovich en IDP News, n.º 27 . Consultado el 17 de marzo de 2019.

Categoría:Exploradores Categoría:Militares Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Botánicos de Rusia Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados en Smolensk Categoría:Finados en 1888