Brahim Abdelkader Díaz, nado o 3 de agosto de 1999 en Málaga (España) é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Madrid CF da Primeira División de España.
Traxectoria Inicios Brahim iniciouse como futbolista con 6 anos no CD Tiro Pichón, club da súa cidade natal. Aos 7 anos, foi fichado polo Málaga e xogou nas divisións infantís. En maio de 2010 foi elixido xogador revelación do Torneo Nacional Alevín celebrado en Estepona. A súa grande habilidade chamou a atención doutros clubs, como o FC Barcelona ou o Real Madrid, con maior poder económico.
O director da canteira do FC Barcelona, Albert Puig, chegou a un acordo cos seus pais para fichalo en xuño de 2011, pero o xeque do Málaga ofreceulle unhas mellores condicións, polo que Brahim continuou no Infantil B do club malagueño. Ao ano seguinte o club blaugrana fixo unha oferta oficial polo neno, pero non chegaron a un acordo debido a que o club malacitano solicitaba 300 000 euros pola súa fichaxe, máis 4,5 millóns en variables.
O 1 de decembro de 2013, o Málaga acordou co Manchester City o traspaso de Brahim, por un prezo de 300 000 euros máis variables por obxectivos. O adestrador do City, Manuel Pellegrini, foi clave na negociación co Málaga, debido á súa boa relación con eles pola súa exitosa etapa no club. Pasou varias semanas de preparación, e en xaneiro de 2014 viaxou coa sub-16 do Manchester City para xogar a Al Kass International Cup en Doha, a pesar de ter un ano menos da correspondente á categoría. O 21 de outubro de 2015 debutou de maneira oficial na liga Xuvenil da UEFA, partido correspondente á fase de grupos. Entrou ao terreo de xogo no minuto 62 para xogar contra o Sevilla e o partido finalizou con marcador de 1-1.
Manchester City Brahim debutou como profesional o 21 de setembro de 2016, nun partido da Copa da liga. Entrou no minuto 81 substituíndo a Kelechi Iheanacho, utilizou a camiseta número 55 e o City gañou 1-2 contra o Swansea City. Disputou o seu primeiro partido con 17 anos e 49 días. O 21 de novembro de 2017 debutou na Liga de Campións nun encontro ante o Feyenoord no Etihad Stadium. Dous meses despois debutou en Premier League ante o Newcastle. O 1 de novembro de 2018 marcou os seus primeiros goles co club inglés na vitoria por 2 a 0 ante o Fulham na Copa da liga.
Real Madrid O 6 de xaneiro de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Madrid até 2025 tralo pagamento ao club inglés 17 millóns de euros fixos mais sete en variables. Debutou de forma oficial o mércores 9 de xaneiro na Copa do Rei contra o Club Deportivo Leganés, substituíndo a Vinícius Júnior no minuto 78 do partido de ida dos oitavos de final.
Selección nacional En maio de 2016, participou no Europeo sub-17, onde a selección española quedou subcampioa tras perder na quenda de penaltis ante Portugal. Brahim foi un dos máximos goleadores do torneo con tres tantos. Entre novembro de 2016 e marzo de 2018 foi internacional sub-19, aínda que o combinado nacional fallou para clasificarse ao Europeo nos dous anos.
O 1 de setembro de 2017 debutou coa selección sub-21 nun amigable ante Italia. O seu debut, con apenas 18 anos, converteuno nun dos debutantes máis novos da selección.
Estatísticas ClubDivTempadaLigas nacionais(1)Copas nacionais(2)Torneos internacionais(3)TotalMedia goleadoraPart.GolesAsist.Part.GolesAsist.Part.GolesAsist.Part.GolesAsist.Manchester City F.C.1.ª2016-170001000001000,02017-1850020030010000,02018-190004200004200,5Total club50072030015200,14Real Madrid Club de Fútbol1.ª2018-191002000003000Total club1002000003000Total carreira60092030018200,14(1) Inclúe datos da Premier League (2) Inclúe datos da Copa da liga de Inglaterra, FA Cup e Community Shield (3) Inclúe datos da liga de Campións da UEFA
Palmarés Títulos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa da ligaManchester City2018Premier LeagueManchester City2018Community ShieldManchester City2018
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Brahim co Real Madrid
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026