Marina Ortega Otero, nada no Carballiño o 22 de xaneiro de 1983, é unha psicóloga e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Traxectoria académica e laboral

Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, onde é vogal na sección de Psicoloxía Xurídica.

Exerceu a psicoloxía infantil, adulta e forense, ademais de dirixir o programa Recurra na provincia de Ourense.

Dirixe un gabinete de psicoloxía no Carballiño.

Traxectoria política Tralas eleccións municipais de España de 2015 foi elixida concelleira no Carballiño polo PSdeG-PSOE, sendo a responsable das Áreas de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade.

No XIII Congreso do PSdeG-PSOE, en outubro de 2017, é elixida para formar parte da Executiva de Gonzalo Caballero Míguez, electo Secretario Xeral do PSdeG, asumindo así a Secretaría de Políticas Sociais da CENG.

Despois da moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018, asume a xefatura de gabinete da Subdelegación do Goberno en Ourense ata que encabeza a lista pola súa provincia para as eleccións xerais de España de abril de 2019 resultando electa.

Durante a XIII Lexislatura convértese en Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e en portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Está tamén adscrita á Comisión de Orzamentos, á Comisión de Fomento e á Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade. E, ademais, é vogal na Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia e na Comisión Mixta de Relacións co Defensor do Pobo.

Meses máis tarde, volve a repetir posto de saída para as eleccións xerais de España de novembro de 2019 e resulta tamén electa. miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 Durante a XIV Lexislatura repite como Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e como portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Ademais, é vocal da Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia, da Comisión Mixta de Relacións co Defensor de Pobo e da Comisión Mixta para o Estudo dos Problemas das Adicións.

Tralo anuncio das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, dimite e convértese de novo en candidata para ditos comicios pola provincia de Ourense, acompañada do tamén exsenador Juan Carlos Francisco Rivera. Para substituíla no Congreso dos Deputados, causa alta Uxía Tizón Vázquez. Foi elixida deputada e formou parte da Mesa da cámara como Vicesecretaria.

Permaneceu como deputada autonómica ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, ás cales non concorreu, volvendo a centrarse na súa carreira profesional.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Concelleiros do Carballiño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes