Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, nado en Ourense en 1969, é un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu na súa cidade natal. Militante do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado na época no BNG, foi concelleiro en Ourense de 2003 a 2005 e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2009. Tras a morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña en 2006 o PNG-PG elixiuno o seu secretario xeral, posto que mantivo ata 2011. Deixou o BNG canda o seu partido en 2012 pero en 2017 volveu de novo á fronte."Iago Tabarés será o cabeza de lista do BNG no Congreso". La Región, 9 de marzo de 2019 Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 encabezou a candidatura do BNG na provincia de Ourense, como xa fixera en 2008. Nas autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista en La Región
Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia