Nitaskinan é o territorio ancestral do pobo atikamekw. Atópase no val do río Saint-Maurice, no Quebec. Abrangue unha área de 80,000 km2. O 8 de setembro de 2014, o Conseil de la Nation Atikamekw declarou unilateralmente a soberanía da nación atikamekw en Nistaskinan. O obxectivo disto é obter un dereito de supervisión dos proxectos que explotan os recursos naturais e fortalecer a identidade dos atikamekw. Nistaskinan quere dicir "a nosa terra" en lingua atikamekw. Dende unha perspectiva legal, e segundo a Indian Act, os atikamekw teñen a administración de tres reservas indias, Manawan, Obedjiwan e Wemotaci, mais Nitaskinan abrangue unha área moito maior.
Notas
Categoría:Pobo atikamekw