Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo.

Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os Estados membros da Unión Europea. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea.

A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados —libros, música, material gráfico etc.— de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedia, blogs e exposicións ad hoc.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hispana (recolector OAI) Galiciana

Ligazóns externas Portal web de Europeana

Categoría:Bibliotecas dixitais Categoría:Unión Europea