Xoán Bautista Mariño Abuín, nado en Dodro no ano 1968, é un profesor e político galego do BNG.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica (subsección Filoloxía Francesa) pola Universidade de Santiago de Compostela, completou estudos na Universidade de Rennes 2. Como profesor do ensino secundario de francés desde o ano 1997 obtivo distintos destinos: Fuentesaúco (Zamora), Ribeira, Boiro, Vilagarcía de Arousa e Muxía. Desenvolveu traballo sindical na CIG-Ensino fundamentalmente na comarca da Barbanza e na actualidade traballada como docente de Francés de Secundaria no CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, onde ten praza definitiva.
esquerda|miniatura|Presentación do Programa Coidados porta a porta en Dodro. Na súa faceta política milita activamente no nacionalismo desde 1999 participando nas listas do BNG de Dodro. Foi concelleiro-voceiro do BNG en Rianxo no período 2003–2007O BNG rianxeiro volve apostar por Xoán B. Mariño para encabeza-la lista e formou parte da lista encabezada por Francisco Rodríguez ao Congreso dos Deputados no 2004 pola provincia da Coruña en representación da comarca do Barbanza. En 2019 encabezou a lista do BNG en Dodro e saíu elixido concelleiro, formando parte por primeira vez dun goberno tripartito neste municipio. Desde entón exerce como portavoz municipal e forma parte da Xunta de Goberno cunha tenencia de alcaldía e ostenta a responsabilidade da Concellaría de Servizos Sociais e Benestar, cargo sen dedicación remunerada. miniatura|Xoán Bautista Mariño no obradoiro de memoria organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Benestar.
dereita|miniatura|Preestrea do documental Reboiras: Acción e Corazón en Dodro, en agosto de 2020. Como concelleiro impulsou diversos cambios na política municipal, incrementando as prestacións á cidadanía no eido social, entre as que destaca o novo programa Dodro Escoita[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2020/02/27/span-langgldodro-activa-novo-programa-escoitar-aos-seus-maiores-span-ano-valoracion/0003_202002SL27S27992.htm que atende a persoas maiores que viven soas.
Tamén, desde o goberno municipal, promoveu en 2020 a preestrea do documental Reboiras: Acción e Corazón e, nun salón de plenos con presenza da veciñanza e de destacados membros da UPG e do BNG, conseguiu que a estrada que atravesa a aldea de Imo leve o nome de Moncho Reboiras, recordando así o seu veciño asasinado en Ferrol pola policía franquista en 1975. Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser o candidato do BNG.
Foi correspondente de La Voz de Galicia entre os anos 1992 e 1997 con novas e artigos xornalísticos sobre Dodro, así como o autor de fotos de Dodro do arquivo da Voz desa época. Colaborou con outras publicacións como A Nosa Terra, EDUGA,Unha aposta polo multilingüismo EDUGA, Galicia Viva"O galego está nunha boa liña" La Voz de Galicia e Terra e Tempo.
É socio e colaborador da Asociación de Profesores de Francés de Galicia desde os seus inicios e fundador e integrante da Asociación Cultural Galicia Viva e coordinador da revista electrónica www.galiciaviva.org, tempo durante o cal colaborou estreitamente con outras intelectuais da comarca como Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Avelino Abuín de Tembra, Manuel Dourado DeiraManuel Dourado Deira e Raimundo García Domínguez, máis coñecido por Borobó. Galería de imaxes
Obras Autor dun artigo do libro Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza.Os vellos camiños do Barbanza, percorrendo barbanza, Coruña. 2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Galicia ten que ter máis peso no contexto do Estado español", entrevista. La Voz de Galicia
Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1968 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos