O Schnauzer en miniatura é orixinario de Alemaña coñecido no seu país de procedencia co nome de Zwergschnauzer. Obtívose do cruzamento do Affenpinschers e o Schnauzer orixinal. Este tipo de cans son unha célebre tradición Europea, xa que as súas orixes remontan ao século XIX. Historia Na década de oitenta apareceron os primeiros Schnauzer en Miniatura. Pertencen as familias dos térrier e, naquela época dedicábanse a cazar roedores e a coidar os cabalos. O pelo da barba e das patas tiñan a función de protexelos dos roedores, xa que servían para camuflar as súas extremidades e así evitar que os mordesen.

Cores Só se recoñecen dous tipos de cores nesta raza: Negra e Sal e pementa: esta última coloración aparece porque cada un dos pelos da capa externa ten franxas, dependendo da fase de crecemento do pelo, este será branco ou negro.

Características físicas Cabeza e Cranio: a cabeza debe estar proporcionada co conxunto do exemplar. Ollos: de tamaño medino, ovalados e escuros cunha mirada viva. Trufa: ben desenvolta e sempre negra. Boca: maxilares fortes e cun peche de tesoiras perfecto, regular e completo. Orellas: de inserción alta en forma de “V”. Pescozo: forte e lixeiramente arqueado, asentado elegantemente sobre os ombreiros. Corpo: tórax moderadamente ancho que descende ata os cóbados. Dorso sólido, corto e firme. A lonxitude do corpo é equivalente á altura. Cola: natural. Extremidades anteriores: ombreiros planos e ben asentados. Patas anteriores rectas ó observalas dende calquera ángulo. Musculatura lisa e lixeira. Osamenta forte, recta e que chega moi abaixo, ata os pés. Extremidades posteriores: coxas inclinadas e planas, aínda que teñen unha forte musculatura. Pés: curtos, redondos, compactos, cos dedos ben unidos e arqueados. Capa: a pelaxe debe ser dura e en cantidade. A capa componse dunha pelaxe interna abundante. Talla: altura á cruz de 30 a 35 cm Peso: Macho : 5-10 kg; Femia: 5-7 kg

Personalidade Esta raza caracterízase por ser moi tranquilos no fogar xa que permanecen durmidos. Mentres que, por outra banda, ao saír a rúa son cans moi activos, enérxicos, atentos, ladradores e amigables. Son idóneos para familias con nenos e nenas xa que, son obedientes, aprenden rápido e entréganse á súa familia.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dille, B. (2008). Schnauzer, ilust. Patricia Peters, trad. David George. Barcelona: Editorial Hispano Europea

Categoría:Razas de cans