Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993. É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España.
Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial. Con este último disputou dúas temporadas. O seu debut co primeiro equipo nun partido oficial chegaría o 13 de decembro de 2011 con só 18 anos, polo que na temporada seguinte pasaría a formar parte da escuadra do primeiro equipo do club. No verán de 2016, Jesé é traspasado ó París Saint-Germain por unha cantidade de 25 millóns de euros. Entre xaneiro e xuño do 2017, o xogador foi cedido polo club francés á U.D. Las Palmas.
Como futbolista internacional español, recaeu en todas as categorías base da Selección Española, nesta disputou un total de 36 partidos e anotou 16 goles. Tamén logrou o segundo posto no campionato europeo sub-17 e proclamouse campión de Europa sub-19 no 2012.
Traxectoria
Categorías inferiores Jesé deu os seus primeiros pasos futbolísticos na súa cidade natal, nunha academia de Veteranos do Pilar Club de Fútbol e na Asociación Deportiva Huracán antes de iniciar o seu camiño nas categorías base do Real Madrid Club de Fútbol. Ingresou no club branco no ano 2007 con 14 anos, progresando en liña ascendente até chegar ó primeiro equipo xuvenil.
Na temporada comprendida entre o ano 2010/11, Jesé anotou 18 goles, valéndolle isto para ascender de forma directa ó Real Madrid Castilla Club de Fútbol, filial do club, consagrándose como unha das grandes promesas da canteira branca.
Real Madrid Castilla Club de Fútbol Sendo aínda xuvenil, o 16 de xaneiro de 2011 debutou co Real Madrid Castilla Club de Fútbol na 2.ª División "B" ,cunha vitoria por 5-0 contra a Universidade das Palmas C.F. Despois dunha temporada co Real Madrid Xuvenil, onde anotou 17 goles, ascendeu ó primeiro equipo filial.
Jesé anotou o seu primeiro gol oficial no Castilla o 2 de outubro de 2011 contra La Roda C.F., tras unha asistencia de Álvaro Morata, converténdose nunha peza clave do equipo que remataría en terceira posición e clasificándose para xogar a promoción de ascenso a Segunda División despois de levar 4 anos en 2ºB sen lograr o cometido. Nesta, o equipo foi eliminado polo C.D Alcoyano, tras perder por 0-2 no Estadio Santiago Bernabéu e empatar a dous goles no partido de volta disputado en Alcoi.
A temporada seguinte, logrou o ascenso a Segunda División despois de 5 anos, tras vencer por unha goleada ó Cádiz C.F. Na ida o equipo branco logrou unha vitoria por 0-3, completándose no partido de volta no Estadio Alfredo Di Stéfano con outro triunfo por 5-1.
Na temporada 2012/13 debutou na Segunda División na primeira xornada fronte ó Villarreal C.F.. Jesé rematou a temporada con 22 tantos. Así, converteuse no máximo goleador da historia do filial branco, anotando un gol máis que Emilio Butragueño na campaña 1983/84.
Real Madrid C.F. No verán do 2011, o xogador realizou a pretemporada co primeiro equipo, asistindo á xira americana e xogando contra Los Ángeles Galaxy.
O debut en partido oficial tivo lugar con José Mourinho de adestrador en decembro dese mesmo ano, na Copa do Rei ante a Sociedade Deportiva Ponferradina en Ponferrada. Entrou ó terreo de xogo no minuto 77' substituíndo a Cristiano Ronaldo. Seis días antes do seu debut, foi convocado por primeira vez nun partido oficial co primeiro equipo, para un partido de Liga de Campións contra o Amsterdamsche Football Club Ajax, pero non chegou a disputar ningún minuto.
O 24 de marzo de 2012 debutou en Liga, xogando os últimos dez minutos fronte a Real Sociedad que rematou cunha vitoria por 5-1.
En xulio de 2013, Jesé renovou co primeiro equipo por catro temporadas pasando a ser membro en todos os aspectos del.
. Como tal, o 22 de agosto anotou os seus primeiros goles ante o Al-Sadd Sports Club, nun partido homenaxe a Raúl González Blanco polo Trofeo Santiago Bernabéu.
O 2 de outubro de 2013, debutou como local na Liga de Campións da UEFA nun partido ante o Football Club København. Entrou substituíndo a Karim Benzema nun partido que rematou co triunfo madrileño por 4-0.
O primeiro gol oficial co Real Madrid foi o 26 de outubro de 2013 no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona. O xogador branco fixo gañar ó seu equipo por 1-2.
O 18 de marzo de 2014, sufriu no inicio dun partido de Champións unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito que o apartou dos terreos de xogo durante 8 meses. O seu regreso foi o 2 de decembro na Copa do Rei fronte á Unió Esportiva Córnellà, anotando un dos cinco goles.
París Saint-Germain F. C. O 8 de agosto de 2016, Jesé uniuse ó París Saint Germain Football Club por un contrato de cinco anos. O seu primeiro tanto co conxunto parisiense anotouno dende o punto de penalti, o 19 de novembro na vitoria por 2-0 sobre o Football Club de Nantes. Con moi pouca participación no PSG, Unai Emery, o adestrador, anunciaba a saída do xogador no mercado de inverno.
U. D. Las Palmas Tras numerosas ofertas, recaeu na UD Las Palmas, club da súa cidade natal, por desexo del. Chegou ó club canario cedido até xuño de 2017. O 5 de marzo marca os seus primeiros goles co club fronte ó Osasuna. En xuño de 2017, a directiva decide prescindir del para a temporada seguinte debido ó seu "baixo rendemento". Así pois, volveu á disciplina do PSG.
Stoke City O 18 de agosto de 2017 foi cedido por unha temporada ó Stoke City. O 1 de maio de 2018 o club inglés daba por finalizada dita cesión tras só 13 partidos e un gol debido ós reiterados permisos que concederon ó xogador a causa da enfermidade do seu fillo máis pequeno.
Real Betis O 29 de xaneiro fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Betis Balompié en calidade de cedido. O 10 de marzo de 2019, con esforzo e dedicación, conseguiu o seu primeiro gol, dándolle os tres puntos ó Real Betis ante o Celta de Vigo en Balaídos.
Selección nacional
Categorías inferiores Jesé debutou coa Selección sub-16 en 2009. Un ano máis trade coa sub-17, alcanzou a final no Europeo da UEFA onde quedou subcampión.
Coa Selección sub-19 proclamouse campión do Europeo de 2012 de Estonia. Foi nomeado mellor xogador da final e fíxose coa Bota de ouro do campionato con cinco goles. O primeiro deles anotouno ante Grecia na fase de grupos, un triplete ante Portugal e o quinto, o decisivo gol que lle deu a vitoria ó combinado español na final fronte a Grecia.
Durante o verán de 2013, o xogador formou parte da Selección sub-21 no Mundial celebrado en Turquía. Na fase de grupos foi un dos máis destacados e a maiores anotando dous tantos. Rematou o campionato con cinco goles polo que recibiu a Bota de bronce do torneo.
As súas actuacións servíronlle para ser convocado coa sub-21, debutando o 5 de setembro de 2013 fronte á selección austríaca. O xogador foi o autor do sexto gol do equipo na vitoria por 2-6 para a clasificación da Eurocopa sub-21 de 2015 na República Checa, competición que non se disputou ó non lograr o pase á fase final.
Selección absoluta Coincidindo co seu mellor momento profesional, especulouse coa súa posible convocatoria coa Selección Española en 2014. Porén, unha lesión impediu que se producise dita citación.
Palmarés Campionatos nacionais Título Club País Ano Segunda División “B”Real Madrid CastillaEspaña2012Copa de Campión de Segunda BReal Madrid CastillaEspaña2012Liga de EspañaReal Madrid C.F.España2012Supercopa de EspañaReal Madrid C.F.España2012Copa do ReiReal Madrid C.F.España2014Copa da Liga de FranciaParís Saint-GermainFrancia2017Supercopa de FranciaParís Saint-GermainFrancia2017Supercopa de FranciaParís Saint-GermainFrancia2018
Campionatos internacionais TítuloSelecciónSedeAnoEuropeo Sub-19España (sub-19)Estonia2012TítuloClubSedeAnoLiga de CampiónsReal Madrid C.F.Lisboa2014Supercopa de EuropaReal Madrid C.F.Cardiff2014Copa Mundial de ClubsReal Madrid C.F.Marrocos2014Liga de CampiónsReal Madrid C.F.Milán2016
Premios individuais DistinciónAnosOnce de Bronce de Fútbol Draft2011,2012,2013Once de Ouro de Fútbol Draft2014Bota de Ouro da Eurocopa Sub-1920122º máximo goleador de Segunda Divisón2013Trofeo Zarra de Segunda División2013Mellor xogador do partido USA-ESP Mundial Sub-202013Mellor xogador do partido ESP-GHA Mundial Sub-202013Mellor xogador do partido ESP-FRA Mundial Sub-202013Bota de Bronce da Copa Mundial de Fútbol Sub-202013
Estadísticas TemporadaEquipoPartidosGoles/PartidosGoles2018/2019Betis70,1412018/2019PSG0002017/2018Stoke City130,0812017/2018PSG0002016/2017Las Palmas160,1932016/2017PSG130,0812015/2016Real Madrid380,1662014/2015Real Madrid230,1742013/2014Real Madrid310,2682012/2013RM Castilla380,58222012/2013Real Madrid0002011/2012RM Castilla390,26102011/2012Real Madrid2002010/2011RM Castillas300
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Jesé Rodríguez en Twitter Jesé Rodríguez en Facebook Jey M en Instagram Big Flow en Twitter Ficha oficial de Jesé Rodríguez no París Saint-Germain Ficha oficial de Jesé Rodríguez na Ligue 1 Ficha oficial de Jesé Rodríguez na UEFA Ficha oficial de Jesé Rodríguez na FIFA
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA