A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.
Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.
Demografía
Padrón municipal 2020 144.440 habitantes Menores de 15 anos 18.237 (12,63 %) Entre 16 e 64 anos 88.220 (61,08 %) Maiores de 65 anos 37.983 (26,30 %)
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ourense
Notas
Ourense, Comarca de