O Oracle Park é un parque de béisbol situado en San Francisco, California (Estados Unidos), concretamente na veciñanza de South Beach á beira da baía. Desde o ano 2000 serve como lar dos San Francisco Giants das Ligas Maiores de Béisbol (MLB). Orixinariamente recibiu o nome de Pacific Bell Park (2000–2003) debido ao patrocinio de Pacific Bell, despois mudou a SBC Park (2004–2005) debido á adquisición de SBC Communications de Pacific Bell e, despois, xunto coa adquisión de SBC de AT&T, o nome mudou a AT&T Park (2006–2018). Un segmento do estadio leva o nome de McCovey Cove na honra do ex xogador dos Giants Willie McCovey.
Notas
Véxase tamén Outros artigos San Francisco San Francisco Giants
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/giants Oracle Park Seating Chart
Categoría:San Francisco Giants Categoría:Estadios da MLB