O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento. Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo. Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro."Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro 2018 Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia no hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro."Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro de 2018. O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.
Características miniatura|300px|A cerimonia de entrega do premio de 1990, outorgado a Aung San Suu Kyi, dentro do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo no ano 2013.|esquerdaO primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O galardón de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar. O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados co Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.
Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida. Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013, mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi. O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.
Por mor das medidas de control sanitario motivadas pola pandemia de COVID-19, numerosos eventos relacionados cos Premios Sakharov foron pospostos no ano 2020, incluíndo o Sakharov Fellowship, One World in Brussels e o European Youth Event.
Galardoados Ano Imaxe Galardoado Nacionalidade NotasReferencia1988100px|alt=Nelson Mandela foi o primeiro gañador do premio, xunto con Anatoly Marchenko. Nelson Mandela Activista anti-apartheid, posteriormente presidente de Suráfrica. Anatoly Marchenko (póstumo) Disidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos. 1989100px|alt=Dubček en 1989. Alexander Dubček Político eslocavo e impulsor da Primavera de Praga. 1990100px|alt=Suu Kyi en 2013. Aung San Suu Kyi 25px Myanmar Política opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia. 1991 Adem Demaçi Político kosovar e prisioneiro político. 1992100px|alt=O manto branco das Nais da Praza de Maio, pintado no chan en Bos Aires, Arxentina. Nais de Praza de Maio Asociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante a Guerra Sucia. 1993100px|alt=O logo de Oslobođenje en 2019. Oslobođenje 25px Bosnia e Hercegovina Xornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico. 1994100px|alt=Nasrin en 2013. Taslima Nasrin Doutora e autora feminista. 1995100px|alt=Zana en 2007. Leyla Zana Escritora e política kurda encarcerada durante 15 anos por ser membro do PKK. 1996100px|alt=Jingsheng en 2010. Wei Jingsheng Activista do movemento democrático da China. 1997100px|alt=Ghezali en 2013. Salima Ghezali Xornalista, escritora e activista polos dereitos da muller e a democracia en Alxeria. 1998100px|alt=Rugova en 2004. Ibrahim Rugova Político e primeiro Presidente de Kosovo. 1999100px|alt=Gusmão en 2011. Xanana Gusmão Antigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste. 2000 ¡Basta Ya! Organización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo. 2001100px|alt=Peled-Elhanan en 2001. Nurit Peled-Elhanan Activista pola paz. Izzat Ghazzawi Profesor e escritor palestino.100px|alt=Zacarias Kamwenho en 2013. Zacarias Kamwenho Arcebispo e activista pola paz. 2002 Oswaldo Payá Activista político e disidente.2003100px|alt=Annan en 2012. Kofi Annan Premio Nobel da Paz e sétimo secretario xeral das Nacións Unidas.100px|alt=Bandeira das Nacións Unidas. Nacións Unidas (Internacional) 2004 Asociación Belarusa de Xornalistas Organización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo". 2005100px|alt=Membros das Damas de Branco na Habana, Cuba, en 2012. Damas de Branco Movemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados.100px|alt=Logo de The Reporters Without Borders dende 2012. Reporteiros Sen Fronteiras (Internacional) Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa.100px|alt=Ibrahim en 2018. Hauwa Ibrahim Avogada polos dereitos humanos. 2006100px|alt=Milinkevich en 2009. Alaksandar Milinkievič Político escollido polas Forzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006. 2007100px|alt=Osman en 2013. Salih Mahmoud Osman Activista defensor dos dereitos humanos. 2008100px|alt=Hu Jia. Hu Jia Activista e disidente político. 2009100px|alt=Monumento polas vítimas das opresión política na Unión Soviética. Memorial Sociedade histórica a prol dos dereitos civís. 2010100px|alt=Fariñas en 2014. Guillermo Fariñas Doutor, xornalista e disidente político.2011100px|alt=Mahfouz en 2011. Asmaa Mahfouz Cinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos.100px|alt=al-Senussi en 2011. Ahmed al-Senussi 25px Libia100px|alt=Zaitouneh en data descoñecida. Razan Zaitouneh 100px|alt=Ferzat en Portraits of the Creators Sketchbook, 2011. Ali Farzat Mohamed Bouazizi (póstumo) 2012100px|alt=Panahi en 2007. Jafar PanahiActivistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema.100px|alt=Sotoudeh en 2012. Nasrin Sotoudeh 2013100px|alt=Yousafzai en 2019. Malala Yousafzai Activista dos dereitos civís das mulleres e da educación. 2014100px|alt=Mukwege en 2014. Denis Mukwege Xinecólogo que trata as vítimas de violación en grupo.2015100px|alt=Badawi en 2012. Raif BadawiEscritor e activista saudita, e o creador da páxina web Free Saudi Liberals.2016100px|alt=Murad en 2016. Nadia MuradRefuxiadas iézidis perseguidas polo Estado Islámico.100px|alt=Aji Bashar en 2017. Lamiya Aji Bashar2017100px|alt=Lorent Saleh. Oposición de VenezuelaOs membros da Asemblea Nacional do país (Juan Requesens, Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo o Foro Penal Venezolano representados por Leopoldo López, Antonio Ledezma, Daniel Ceballos, Yon Goicoechea, Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González.2018100px|alt=Sentsov en 2018. Oleg Sentsov Director de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo.2019100px|alt=Tohti en 2011. Ilham Tohti Economista, estudoso e activista polos dereitos humanos uigur.2020100px|alt=Tsikhanouskaya en 2020. Oposición de Belarús Consello de Coordinación de Belarús, iniciativa de mulleres valentes e personaxes políticos e da sociedade civil.2021100px|alt=Navalny en 2011. Alexei Navalny Opositor político e activista anticorrupción2022100px O pobo ucraíno Concedido aos ucraínos que están "protexendo a democracia, a liberdade e o estado de dereito" tras a invasión rusa de Ucraína de 2022.2023 100px Mahsa Jina Amini (póstumo) A morte de Mahsa Amini en circunstancias sospeitosas provocou protestas xeneralizadas, moitas veces baixo o lema Muller, Vida, Liberdade.100px Movemento Muller, Vida, Liberdade2024100px María Corina MachadoEdmundo González Urrutia
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Discursos dos premiados e dos presidentes do PE Premio Sakharov 2010: o foco de atención sobre os dereitos humanos Guillermo Fariñas, premio Sakharov 2010