A Sociedade Suíza de Numismática (en francés: Société Suisse de Numismatique -SSN-; en alemán: Schweizerische Numismatische Gesellschaft -SNG-; en italiano: Società Svizzera di Numismatica -SSN-) é unha sociedade erudita suíza sen ánimo de lucro fundada en 1879, constituída por individuos e institucións co interese común da numismática antiga e moderna, da que promove a investigación en todas as súas ramas."SSN - Société Suisse de Numismatique ". No sitio web da SNG/SSN.Estatutos da SNG/SSN .

Os seus asociados reciben as publicacións periódicas da Sociedade e poden asistir á biblioteca especializada e a diversos encontros e eventos de tipo académico e comercial."Mitglied werden ". No sitio web da SNG/SSN.

A Sociedade é membro, pola súa vez, da Academia Suíza de Humanidades e Ciencias Sociais. Día Numismático de Suíza A Sociedade Suíza de Numismática organiza anualmente, desde 2004, o Día Numismático de Suíza (Numismatische Tage Schweiz). Non seu transcurso ten lugar a asemblea xeral da Sociedade e diversas actividades como conferencias, visitas guiadas etc. En cada edición, esta xornada ten lugar nunha cidade diferente e en colaboración con asociacións numismáticas locais ou rexionais."Numismatische Tage Schweiz ". No sitio web da SNG/SSN. 2004: Winterthur. 2005: Lucerna. 2006: Friburgo. 2007: Berna. 2008: Sankt Gallen. 2009: Dijon (Francia). 2010: Solothurn. 2011: Sion. 2012: Hall in Tyrol. 2013: Basilea. 2014: Olten. 2015: Neuchâtel. 2016: Zürich. 2017: Winterthur. 2018: Liestal. 2019: Vaduz (Liechtenstein)

Publicacións

Publicacións periódicas A sociedade conta con dúas prestixiosas publicacións periódicas: a "Revista Suíza de Numismática" e a "Gaceta Numismática Suíza". Ambas publican estudos sobre os máis diversos aspectos da numismática, tanto en alemán, francés e italiano, as linguas oficiais da Sociedade, como en inglés. A diferenza entre as dúas publicacións non é temática senón que refire á extensión dos artigos que publican, máis extensos na "Revista" que na "Gaceta".

Schweizerische Numismatische Rundschau / Revue Suisse de Numismatique / Rivista Svizzera di Numismatica. Revista de periodicidade anual.Acceso en liña á publicación desde 1925. Schweizer Münzblätter / Gazette Numismatique Suisse / Gazzetta Numismatica Svizzera. Revista de periodicidade trimestral. Fundouse en 1949, con Herbert Cahn como o seu primeiro director.Acceso en liña á publicación dede 1949.

Series monográfícas A SNG/SSN leva a cabo, ademais, unha grande actividade editorial no relativo á publicación de monografías. Á parte dalgúns títulos soltos, os libros editados pola entidade adscríbense a algunha das súas series:"Monographien und Reihen ". No sitio web da SNG/SSN.

Schweizerische Münzkataloge ("Catálogos de Moedas Suízas"). Serie de nove títulos publicados ente 1959 e 1991."Schweizerische Münzkataloge SMK ". Nio sitio web da SNG/SSN. (1959): Cahn, E. B. Fribourg. (1961): Dolivo, D. Les monnaies de l'évêché de Lausanne. (1963): Jaeger, K.: Lavanchy, C. Die Münzprägungen des Kantons Appenzell-Ausserrhoden und der "neuen" Kantone der Schweiz von 1802. St. Gallen, Graubünden, Aargau, Thurgau, Tessin, Waadt. (1965): Greter-Stückelberger, R. Obwalden im 18. und 19. Jahrhundert. Nidwalden im 19. Jahrhundert. (1969): Tobler, E. Appenzell-Innerrhoden. Appenzell-Ausserrhoden. (1971): Wielandt, F. Die Basler Münzprägung von der Merowingerzeit bis zur Verpfändung der bischöflichen Münze an die Stadt im Jahre 1373. (1972): Simmen, J.; Solothurn, H. Neu bearbeitet und ergänzt durch die Helvetische Münzenzeitung. (1983): Püntener, A.; Schwarz, D. Die Münzprägung der drei Länder Uri, Schwyz und Nidwaiden in Bellinzona und Altdorf. – Die Münzen von Uri. – Die Münzen von Nidwalden. (1991): Della Casa, M. La monetazione cantonale ticinese, 1813-1848. Typos. Serie activa entre 1975 e 1984, composta por monografías sobre numismática antiga (moeda grega, celta, romana e xudía)."Typos - Monographien zur antiken Numismatik ". No sitio web da SNG/SSN. (1975): Weidauer, L. Probleme der frühen Elektronprägung. (1977): Simonetta, B. The Coins of the Cappadocian Kings. (1978): Furtwängler, A. Monnaies grecques en Gaule: Le trésor d'Auriol et le monnayage de Massalia, 535/520-450 av. J.-C. (1983): Schulte, B. Die Goldprägung der gallischen Kaiser von Postumus bis Tetricus. ISBN 9783794123469 (1984): Deppert-Lippitz, B. Untersuchungen zur Münzprägung Milets vom vierten bis ersten Jahrhundert v.Chr. (1984): Mildenberg, L. The Coinage of the Bar Kokhba War. ISBN 978-3794126347 Schweizer Studien zur Numismatik ("Estudos Suízos dobre Numismática"). Serie aberta, desde 2008, na que se publica a práctica totalidade dos estudos actuiais da Sociedade."Schweizer Studien zur Numismatik - SSN ". No sitio web de SNG/SSN. (2008): Hurter, S. Die Didrachmenprägung von Segesta. Berna. ISBN 978-3-033-01564-7 (2008): Tobler, E.; Zäch, B.; Nussbaum, S. Die Münzprägung der Stadt St. Gallen 1407 bis 1797. ISBN 978-3-907047-06-4 (2013): Drost, V. Le monnayage de Maxence (306.312 après J.-C.). ISBN 978-3-033-03991-9

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de asociacións numismáticas

Bibliografía

(1979). "Die Geschichte der Schweizerischen Numismatischen Gesellschaft". En Revue Suisse de numismatique. Schweizerische Numismatische Rundschau. Tomo 58.

Ligazóns externas

Sitio web da Sociedade Numismática Suíza Perfil en Facebook da entidade

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura de Nova Zelandia Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro