Os mandingaEntrada mandinga en Digalego (tamén coñecidos localmente como malinke, maninka, manding, mandingo, mandenka, dioula, bambara ou mandinko) son un grupo étnico de África occidental e un dos principais grupos étnicos do continente (os outros tres grandes grupos étnicos de África son os fula, os hausa e os songhai). Os mandinga son descendentes do Imperio de Malí, que ascendeu ó poder na rexión durante o século XIII baixo o goberno do rei Sundiata Keita, quen fundou o imperio que dominaría gran parte de África occidental. Migraron cara ó oeste dende o río Níxer na procura de mellores terras agrícolas e máis oportunidades de conquista.
Os mandinga viven principalmente nos estados de Malí, Gambia, Guinea, Serra Leoa, o Senegal, Burkina Faso, Liberia, Guinea-Bissau, Níxer, Mauritania e Costa do Marfil. Malia súa gran dispersión, en moitos países os mandinga non son o maior grupo étnico, agás en Gambia e Guinea onde constitúen a maioría demográfica. A maioría dos mandinga viven en comunidades familiares nas vilas rurais tradicionais. A súa sociedade tradicional componse de castas estratificadas. As comunidades mandinga teñen unha grande autonomía e autogoberno, sendo lideradas por un xefe ou grupo de anciáns. Teñen unha ampla tradición oral onde a súa mitoloxía, historia e coñecementos son transmitidos de xeración en xeración verbalmente. Máis do 99% dos mandinga son musulmáns.
Relixión O 99% dos mandinga son musulmáns. Os mandingas recitan capítulos do Corán en árabe. Algunhas comunidades sincretizaron o islam coas relixións tradicionais africanas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Lucie Gallistel Colvin. Historical Dictionary of Senegal. Scarecrow Press/ Metuchen. NJ - Kondon (1981) pp. 216–217 Pascal James Imperato. Historical Dictionary of Mali. Scarecrow Press/ Metuchen. NJ - Kondon (1986) pp. 190–191 Robert J. Mundt. Historical Dictionary of the Ivory Coast (Côte d'Ivoire). Scarecrow Press/ Metuchen. NJ - Kondon (1987) pp. 98–99 Robert W. Nicholls. "The Mocko Jumbie of the U.S. Virgin Islands; History and Antecedents". African Arts, Vol. 32, No. 3 (Autumn, 1999), pp. 48–61+94-96 Matt Schaffer (Editor). "Djinns, Stars and Warriors: Mandinka Legends from Pakao, Senegal" (African Sources for African History, 5) Brill Academic Publishers (2003)
ETHNOLOGUE Languages of the World- Thirteenth Edition (1996).
Categoría:Grupos étnicos de Gambia Categoría:Grupos étnicos de Serra Leoa Categoría:Grupos étnicos do Senegal Categoría:Grupos étnicos de Mauritania Categoría:Grupos étnicos de Malí Categoría:Grupos étnicos de Liberia Categoría:Grupos étnicos de Costa do Marfil Categoría:Grupos étnicos de Guinea Categoría:Grupos étnicos de Guinea-Bissau Categoría:Grupos étnicos de Burkina Faso