O soño (en ) é unha novela escrita por Johannes Kepler en latín escrita en 1608. A narrativa non foi publicada até o ano 1634 polo fillo de Kepler, Ludwig Kepler. Na narrativa, un rapaz islandés e a súa nai bruxa que fan unha viaxe onírica até Levania (a nosa Lúa). O soño presenta unha detallada e imaxinativa descrición de como se vería a Terra dende a Lúa, e é considerado o primeiro tratado científico serio sobre a astronomía lunar. Carl Sagan e Isaac Asimov refírense a ela como unha das primeiras obras de ciencia ficción.
Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1634 Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Obras traducidas do latín ao galego