Isabel Seca Vijande, nada na Pontenova o 25 de setembro de 1982 é unha enxeñeira química, científica, activista social e divulgadora científica galega.

Traxectoria Titulada en Enxeñaría Superior Química pola Universidade de Santiago de Compostela, onde publicou artigos sobre o uso de biofilmes para o procesado de augas de refugallo e o funcionamento dos reactores anamox, tema da tesiña do seu Diploma de Estudos Avanzados en Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos. Desenvolveu tamén investigacións sobre o aproveitamento dos refugallos da industria leiteira na Universidade de Coímbra, no marco do seu proxecto de fin de carreira.

Desde 2015 escribe artigos de divulgación científica no portal GCiencia, e no Portal Galego da Língua, entre outros medios.

Por volta do 2006 comezou a colaborar coa asociación Verdegaia en cuestións de defensa e educación ambiental. Foi unha das fundadoras da Semente, Escolas de Ensino Galego no 2011. Foi unha das iniciadoras do movemento de autodefensa feminista que xurdiu en Santiago de Compostela no 2016.

Dende 2016 é profesora interina de TIC e Tecnoloxía na Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Notas

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros químicos Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra