Os son un equipo profesional de béisbol xaponés con na cidade de Nagoia, principal cidade da Rexión de Chūbu. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. Entre o seu palmarés destacan nove títulos da Liga Central (o último en 2011), dous das Series do Xapón (1954 e 2007) e un das Series de Asia (2007).
Historia O equipo foi fundado en 1936 co nome da cidade que o albergaba, Nagoia. Sen patrocinador durante as súas primeiras tempadas, o club mudou a súa denominación en 1944 cando a empresa Sangyo adquiriu o club e puxo o nome da súa compañía. Ao terminar a segunda guerra mundial o equipo volve mudar de propietario e é renomeado como Chubu Nihon. En 1947 pasa a ser adquirido polo Chunichi Shinbun. O novo propietario engade á franquía o alcume de Dragons (Dragóns) e inclúe o nome da súa empresa no do equipo. Durante as súas primeiras temporadas no campionato nacional profesional, os resultados non lle fan destacar demasiado. Con todo, a partir de 1950, ano en que se estabelece a Liga Central e pasan a chamarse Nagoya Dragons, o conxunto mellora o seu xogo e consegue terminar na segunda posición.
En 1954 os Dragons adquiren o seu nome definitivo, Chunichi Dragons. Ese mesmo ano conseguen gañar a Liga Central e a súa primeira Serie do Xapón após vencer por catro partidos a tres ante os Nishitetsu Lions. Debido á superioridade dos Giants nas décadas de 1950 e 1960, a franquía non volve gañar un título até 1974, cando volven vencer na súa División. Porén, perden a final ante Lotte Orions por 4−2.
Nos anos 1980 os Dragons conseguen tres títulos de Liga en 1982, 1988 e 1989. Ademais, xogaron dúas Series do Xapón na época, en 1982 e 1988, perdendo ambas ante os Saitama Seibu Lions, equipo dominador do béisbol xaponés da dácada. En 1999 e 2004 volveron gañaron o título de Liga, mais volveron caer nas Series, en ambas ocasións fronte os Fukuoka Daiei Hawks. O segundo título das Series chega por fin en 2007 tras 53 anos. Nesta ocasión conseguen vencer por 4-1 aos Hokkaido Fighters sendo as catro vitorias consecutivas. Ademais conseguen novembro desde mesmo ano as súas primeiras e únicas Series de Asia ao vencer na final ao SK Wyverns surcoreano.
Nomes Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes: Nagoya-gun (1936–1943) Sangyo-gun (1944) Chubu Nippon (1946) Chubu Nippon Dragons (1947) Chunichi Dragons (1948–1950) Nagoya Dragons (1951–1953)
Estadio
Actualmente, os Chunichi Dragons xogan os seus encontros como local no Nagoya Dome, recinto con capacidade para 40.500 espectadores. Con todo, ao longo dos anos ten utilizado os seguintes estadios: EstadioLocalizaciónPrefecturaCapacidade Período Kōrakuen Kyūjō Bunkyō border|20px|Tokyo Tokyo 42.337 1948 Nagoya Kyūjō Nagoia border|20px|Aichi Aichi 4.495 1949 1996 Nagoya Dome Nagoia border|20px|Aichi Aichi 40.500 1997 −
Xogadores Dorsais retirados Dorsais retirados polos Chunichi DragonsNºXogadorPosiciónPeríodo 10 Tsuguhiro Hattori Pitcher 1939–1958 15 Michio Nishizawa Pitcher 1936–1958
Xogadores MLB PaísXogadorPosiciónTemporadas no equipo Wei-Yin Chen Pitcher 2004–2011 Matt Clark Primeira base 2013 Darnell Coles Terceira base 1996 Kosuke Fukudome Outfielder 1999–2007 Leo Gómez Terceira base 1997–2002 Kenshin Kawakami Pitcher 1998–2008, 2012–2014 Vance Law Terceira base 1990 Ken Macha Terceira base 1982–1985 Akinori Otsuka Pitcher 2003 Lee Sang-hoon Pitcher 1998–1999 Matt Stairs Outfielder 1993
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Chunichi Dragons Categoría:Equipos da NPB Categoría:Equipos de béisbol do Xapón