Wilhelm Peter Eduard Simon Rüppell, coñecido na bibliografía internacional como Eduard Rüppell, nado en Frankfurt o 20 de novembro de 1794 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1884, foi un naturalista, explorador, numismático, botánico, xeólogo e zoólogo alemán.

Infatigábel viaxeiro pola África nororiental, é hoxe recordado tanto polas numerosas coleccións zoolóxicas e etnográficas que levou a Europa como polas súas exploracións.Eduard Rüppell na Encyclopaedia Britannica.

Nota: o apelido "Rüppell" é ocasionalmente escrito como "Rueppell" en inglés e alemán.CERL Thesaurus Rueppell, Edward (ver o apartado "Names").

Traxectoria Rüppell naceu en Frankfurt, fillo dun próspero banqueiro. Orixinalmeente estaba destinado a ser comerciante, pero despois da súa primeira visita a África en 1817, na que ascendeu polo río Nilo chegando ás súas primeiras cataratas, en Asuán, Exipto, e despois de visitar a península do Sinaí, interesouse na Historia Natural. Ao regresar a Alemaña, completou a súa formación científica, e asistiu a clases de botánica e da zooloxía nas Universidades de Pavia e de Xénova.

En 1821, acompañado polo ciruexián Michael Hey como asistente, viaxaou a través do deserto do Sinaí e, en 1822, foron os primeiros europeos exploradores que alcanzaron o golfo de Aqaba. Despois dirixíronse a Alexandría, vía monte Sinaí.

Realizou a súa primeira grande expedición (1822–1828), subindo o Nilo, e cruzando o Sudán desde o deserto de Nubia ao sur até Cordofán, no centro do Sudán, recolectando espécimes da zona sur de Ambukol, e retornando ao Cairo en xullo de 1825.

Unha planeada exploración a Etiopía só chegoua a Massawa, en Eritrea, onde o grupo sufriu afeccións de saúde. Rüppell retornou a Europa en 1827. Durante a súa ausencia Philipp Jakob Cretzschmar usou os espécimes enviados por Rüppell para escribir o Atlas zu der Reise im nordlichen Afrika (Atlas sobre as Viaxes no norte de África, 1826).

Pero na súa segunda gran exploración (1831-1834), cruzou Etiopía de leste a oeste, pasando polas ruínas de Axum, até chegar ao lago Tana, que cartografou con maior precisión que os seus predecesores. Os seus informes sobre as antigüidades de Axum aumentaron en gran medida o seu coñecimiento, e incluíron os primeiros debuxos do reino de Axum. Ao seu regreso, quedou na daquela capital de Etiopía, Gondar, onde puxo en orde as súas coleccións e reuniu unha antoloxía de manuscritos etíopes antigos.

En 1829 foi elixido membro da Academia Alemá de Ciencias Naturais Leopoldina.Leopoldina: Eduard Rüppell, elixido membro en 1829 . Consultado o 13 de abril de 2019. Cando se fundou a Société Cuvierienne, en 1838, foi un dos 140 membros fundadores da Sociedade.Société Cuvierienne (1838): Liste des Premiers Fondateurs de la Société Cuvierienne, Association universelle pour l'avancement de la Zoologie, de L'Anatomie comparée et de la Palaeontologie. Revue Zoologique par La Société Cuvierienne 1: 192.

Algunhas obras miniatura|260px|Rüppell na súa xuventude. Atlas zu der Reise im nördlichen Afrika. Brönner, Frankfurt 1826–1828. doi:10.5962/bhl.title.53779 Reise in Nubien, Kordofan und dem peträischen Arabien vorzüglich in geographisch-statistischer Hinsicht. Friedrich Wilmans, Frankfurt am Main 1829 Ler en liña Fortsetzung der Beschreibung und Abbildung mehrerer neuer Fische, im Nil entdeckt. Brönner, Frankfurt 1829 doi:10.5962/bhl.title.14871 Beschreibung und Abbildung mehrerer neuer Fische, im Nil entdeckt. Brönner, Frankfurt 1829 doi:10.5962/bhl.title.14870 Reise in Abyssinien. 2 Bände und Atlas. Schmerber, Frankfurt 1838–1840. Neue Wirbelthiere zu der Fauna von Abyssinien gehörig. Schmerber, Frankfurt 1835–1840. doi:10.5962/bhl.title.53778 Systematische Uebersicht der Vögel Nord-Ost-Afrika's. nebst Abbildung und Beschreibung von fünfzig Theils unbekannten, Theils noch nicht bildlich dargestellten Arten. S. Schmerber'sche Buchhandlung, Frankfurt 1845 doi:10.5962/bhl.title.51961 Beschreibung und Abbildung der Schaumünzen, welche zum Angedenken von Bewohnern Frankfurts gefertigt wurden. Adelmann, Frankfurt 1855.

Abreviaturas A abreviatura Rüppell emprégase para recoñecer a Eduard Rüppell como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.​ A abreviatura Rüppell emprégase para recoñecer a Eduard Rüppell como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores miniatura|260px|Tumba de Eduard Rüppell no Cemiterio principal de Frankfurt.

Foi membro da Academia Alemá das Ciencias Naturais Leopoldina. foi galardoado cosa Medalla Patron, da Royal Geographical Society de Londres (1839).

Epónimos Especies animais Eurocephalus ruppelli Scoteanax rueppellii Eupodotis rueppellii Vulpes rueppellii Poicephalus rueppellii Pipistrellus rueppellii Ablepharus rueppellii Gyps rueppellii Sylvia rueppelli

Especies vexetais (Asteraceae) Arctotis rueppellii O. Hoffm.Pflanzenw. Ost-Afrikas C. 419. 1895. (Asteraceae) Bidens rueppellii (Sch. Bip.) Sherff. Bot. Gaz. 90: 389. 1930. (Asteraceae) Ethulia rueppellii Hochst. ex A. Rich. Tent. Fl. Abyss. 372. (Asteraceae) Haplocarpha rueppellii K. Lewin Repert. Spec. Nov. Regni Veg. Beih. 11: 53. 1922. (Asteraceae) Ifloga rueppellii (Fresen.) Danin Notes Roy. Bot. Gard. Edinburgh 32 (2): 269. 1973. (Asteraceae) Landtia rueppellii Benth. & Hook. f. Gen. Pl. [Bentham & Hooker f.] 2 (1): 457. (Asteraceae) Sonchus rueppellii R. E. Fr. Act. Hort. Berg. viii. 112. 1925).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barbara & Richard Mearns (1988): Biographies for Birdwatchers. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press Inc. ISBN 978-0-1248-7422-0. Wolfgang Klausewitz (2005): "Rüppell, Wilhelm Peter Simon Eduard". En Neue Deutsche Biographie (NDB). Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4281-1203-2.

Ligazóns externas Rüppell, Eduard Biografía en Frankfurter Personen Lexicon . Obituario: Proc. of the Royal Geographical Society and Monthly Record of Geography, New Monthly Series 8 (10): 654. (outubro de 1886).

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Exploradores Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Xeólogos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1794 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Finados en 1884 Categoría:Alumnos da Universidade de Xénova Categoría:Alumnos da Universidade de Pavia