Iris Malvido Lago, nada en Vigo en 1989, é unha política galega.

Traxectoria miniatura| Filla e neta de sindicalistas da CIG. Licenciouse en psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Militou en Anova e Cerna“Creo que podemos cambiar as cousas, tamén porque o vivín con meus avós e meus pais ” Atlántico Diario, 23 de marzo de 2019, formou parte da candidatura de Manifesto Miñor de Gondomar nas eleccións municipais de 2015 e forma parte do Consello das Mareas. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España encabezou a candidatura de En Marea ao congreso dos deputados pola provincia de Pontevedra.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Políticos de En Marea Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela