O xabón ou xabrón é un produto que se utiliza para a hixiene persoal e para lavar determinados obxectos, inclusive utilizado para decorar. Encontrámolo en forma de pastillas, po ou cremas. En sentido estrito, existe unha grande diferenza entre xabón, un deterxente e un xampú. Hai tamén o xabón de lavandería, usado para lavar roupas.
Descrición O xabón xeralmente é o resultado da reacción química entre unha base (xeralmente hidróxido de sodio ou hidróxido de potasio) e algún ácido graxo. Esta reacción é denominada saponificación. O ácido graxo pode ser por exemplo: graxa de porco, aceite de coco ou de oliva e tamén de glicerina. O xabón é solúbel en auga e, polas súas propiedades deterxentes , é usado para lavar.
Conta coas variantes dialectais xabrón, sabrón e xaboneteReferencia en varios dicionarios galegos. A RAG recolle no seu dicionario xabrón como variedade. O termo xabonete utilizábase soamente para o xabón de mans (coma no portugués: sabonete). "xabón" no Dicionario de Dicionarios..
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Como facer xabón líquido natural
Categoría:Produtos de hixiene